OS CONTRABANDISTAS

26/01/09

Planificación lingüítica galega a debate en Madrid

PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA A DEBATE EN MADRID

Ciclo de cinema da U. Complutense ábrese con Modelo Burela

Auspiciado pola Asociación Memoria Social Democrática (AMESDE) coa colaboración da Universidade Complutense, vaise celebrar en Madrid o ciclo de cinema “Documentais e Curtas sobre  a Memoria”.

O inicio das proxeccións, a realizar no Salón de Actos da Biblioteca Marqués de Valdecillas (Noviciado, 3), está axendado para as 18:30 horas do día 26 de xaneiro (martes) e contará coa presenza do Reitor da Universidade Complutense, o profesor Carlos Berzosa.

A seguir, na estrea do ciclo haberá presenza galega co documentario Modelo Burela de Matias Nicieza, que recolle en 52 entrevistas unha panorámica do proceso de implementación do proxecto de planificación lingüística aprobado polo Concello de Burela. Unha vez finalizada a proxección, abrirase un coloquio centrado na situación actual da política lingüística en Galiza. No mesmo participarán o director da fita, Matias Nicieza, e Bernardo Penabade, coordenador do Modelo Aglutinante de Planificación Lingüística (Modelo Burela).
Por outra banda, a concelleira de Educación, Lucía Bouza, salientou que “o documental Modelo Burela será proxectado en Madrid no ciclo de cinema Documentais sobre a memoria. Unha vez finalizada a proxección, abrirase un coloquio centrado na situación actual da política lingüística en Galicia. Neste coloquio participarán Bernardo Penabade e Matías Nicieza. Con isto, vemos que o chamado Modelo Burela interesa moito máis aló das nosas fronteiras e, por isto, dende o Concello felicitamos aos seus responsables, ao tempo que os animamos a seguir traballando nese campo”.