OS CONTRABANDISTAS
27/11/20
PROXECTO NEO ENTREVISTA A PROFESORA ANA MOREIRAS
25/11/20
OS CONTRABANDISTAS EN BURELA
Dolores López Caión fala de Burela e a Mariña no programa "Os Contrabandistas" da Rádio Metropolitana do Porto
Funcionaria do SERGAS no Hospital Lucus Augusti (HULA), Dolores López Caión foi a protagonista da oitava entrega do programa radiofónico "Os Contrabandistas", de Christian Salles e Nilce Costa, na grella da Rádio Metropolitana do Porto.
"Burela pode parecer pequeno, mais é moi urbano. É un lugar tranquilo, onde vive moita xente de diversos lugares do mundo. Temos un problema co eucalipto. Estamos inzados".
Despois dese punto de partida, a conversa foi pasando por diversos temas: os montes comunais, a arqueoloxía, a pesca do bonito, a gastronomía, o Modelo Burela...
21/11/20
Cantar en galego e bailar en berdiano
Que valor debemos darlle ao galego? Que protagonismo debe adoptar nun contexto educativo? Cal é a maneira de acoller alguén nunha comunidade plurilingüe, como Galiza?
Se agora mesmo saísemos á rúa formulando estas preguntas, habería tantas respostas diferentes… E de todas elas, cales serían de verdade prácticas e cales se resumirían na teoría? Que asunto! A lingua galega ruborízanos cando temos que comezar a actuar e deixar a un lado os papeis. Todos os documentos postos uns enriba doutros nunha mesa de escritorio dalgún despacho semellan esvaecerse cando a realidade nos fai tremer e se nos pon no camiño con todo o seu esplendor.
ARQUIVO GV: Sara Gil en Compostela nunha colaboración para o Grandes Vozes. Na fotografía aparece con Carlos Blanco, Uxía Senlle, Socorro Lira e Sérgio Tannus. |
19/11/20
BERNARDO PENABADE E O MODELO BURELA PROTAGONISTAS DUN PROGRAMA DA RÁDIO METROPOLITANA DO PORTO
Alén de referencias biográficas de Bernardo Penabade como o nacemento nas Grañas do Sor, os estudos de bacharelato en Ortigueira e de Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, no programa tamén se fixo referencia a Ricardo Carvalho Calero, de quen o convidado se manifestou discípulo. Nos minutos finais da emisión radial a conversa centrouse na pedagoxía e nos vínculos lingüísticos entre os países de raíz galega. Christian Salles confesou ter coñecido o Modelo Burela a través da orientación de Matías Nicieza, que lle recomendou o visionado dos blogues e a audición dos programas Proxecto Neo e Grandes Vozes do Nosso Mundo nas respectivas radios á carta.
18/11/20
Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero
O volume XL dos Cadernos Ramón Piñeiro baixo a coordinación de Armando Requeixo (director dos Cadernos) e Anxo Tarrío Varela (tamén autor dunha significativa lembranza autobiográfica) recolle un feixe de Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero no que tivemos a honra de colaborar. Laura Caamaño Pérez ocupouse da corrección editorial e da revisión lingüística. A cuberta é obra de Xurxo Alonso.
Desde diversas perspectivas, o mundo caleriano é abordado no seu conxunto. Confírmase a centralidade e relevancia de Carvalho na historia política, cultural, literaria e académica no seu século.
Enviaste a mensagem: Hoxe ás 19:41
15/11/20
XXII EDICIÓN DOS ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA