OS CONTRABANDISTAS

25/06/23

A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DE SONIA E NATALIA

Sonia é de Letras e Natalia é de Números, Escadra e Cartabón... e Ferregachos. Ambas exercen a docencia no Instituto Perdouro, en Burela, e ambas consideran a escola como unha ferramenta ao servizo da comunidade e, polo tanto, estreitamente vinculada ao seu ámbito xeográfico de influencia.

Unha vez finalizado o curso académico -e impresa e presentada a revista escolar-, Sonia e Natalia combinaron para tomar un café tranquilamente e do café continuaron ao paseo. Foi entón cando decidiron visualizar o patrimonio literario do cemiterio de Lourenzá, situado á cabeza da lista daqueles en que destaca o uso escrito do noso idioma, o mesmo que as profesoras falan e transmiten ás xeracións máis novas.

Co traballo de campo metido na barriguiña dos seus teléfonos, miraron de novo as imaxes, prepararon unha rápida antoloxía e enviárona para esta base común que desde aqui poñemos a disposición do público, co obxectivo de facermos escola.

Moitísimas grazas!

Unha das fotografías realizadas por Natalia Irimia. Nela observamos o uso das palabras "fillos" e "netos", cada vez máis frecuentes (especialmente desde o período pandémico).



Nesta fotografía que nos enviou Sonia as palabras desconfinadas son tres: 
                         "muller", "fillos" e "netos". As persoas escolarizadas entre 1980 e 1990 
                          están agora asumindo responsabilidades na lembranza aos parentes falecidos.
                          O cambio social maniféstase tamén a través do uso do idioma.

 

20/06/23

O USO DA LINGUA EN VILARIÑO (CAMBADOS)

 A filóloga Marinha Area Falcón, colaboradora do Proxecto Equiling, da Universidade de Santiago, envíanos os resultados da súa visita de estudo ao cemiterio da parroquia de Vilariño, en Cambados. 

Nos 62 panteóns, hai un total de 353 lápidas. O idioma galego está presente en 7 delas. Estas corresponden a catro familias diferentes: nun panteón hai 3, noutro 2 e 1 en cada un dos restantes.
O uso do noso idioma é lixeiramente superior ao da media galega.

Este é o resumo da información:


Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

VILARIÑO

62

4

(6.45%)

En estudo

 0

5/05/23

Marinha Area Falcón





Visións panorámicas do cemiterio de Vilariño en Cambados


Nesta ligazón está toda a información sobre o EQUILING GALICIA

15/06/23

MÁIS PALABRAS QUE NON LEVA O VENTO: O CASO da PONTE SAMPAIO


Ponte Sampaio foi concello e agora é freguesía do concello de Pontevedra: a única de Pontevedra que cae na ría de Vigo e a última da arquidiócese de Compostela en dirección ao sur.  Aproximadamente 1100 veciños e veciñas viven entre o núcleo -A Ponte- e as aldeas de Acevedo, Rañadoiro, O Vilar, A Canicouva e a metade de Cacheiro. 
As palabras que non leva o vento entraron no seu cemiterio en 2013. Foi por iniciativa de David Conde Lourido, que as colocou nunha plaquiña dedicada á súa avoa.
David, parabéns polo texto e pola decisión. Moitísimas grazas polo envío da referencia. Desde este momento contas co recoñecemento de Activista MB.

Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

PONTE SAMPAIO

209

(aprox.)

14

 2013

 0

11/06/23

David Conde






02/06/23

TESOUROS DO VALADOURO

Chámase Xosé Luís Fernández Rivera. É de Santa Cruz do Valadouro e traballa como veterinario en Lourenzá, onde participa na Asociación Patrimonio Laurentino.

Por iniciativa súa, o idioma galego -na versión escrita- entrou no cemiterio de Santa Cruz. Foi en 2007, nunha plaquiña dedicada a seu pai e a súa  mai.

Durante a inauguración da Exposición Palabra e Memoria na Escola de Arroxo, comprometeuse a facer unha actualización da información sobre o uso do noso idioma. Así o fixo e comprobou que as súas palabras estiveron en soidade durante dez anos. En 2017 foron acompañadas polas doutra familia.


Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

SANTA CRUZ

120

(aprox.)

 2007

 0

01/06/23

Xosé Luís F. Rivera


Cemiterio de Santa Cruz do Valadouro. A placa colocada no ano 2007
por Xosé Luís F. Rivera complementa a primeiro inscrición feita en honra de seus avós paternos.