OS CONTRABANDISTAS

Quen somos


COORDENACIÓN XERAL
Bernardo Penabade ReiBernardo Penabade Rei
Bernardo Penabade Rei (As Grañas do Sor, 1964) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago.
Desde 1985 mantivo colaboración artística no sector audiovisual coa empresa Imaxe Galega en traballos encargados pola TVG. Ademais da sincronización e dobraxe de filmes e seriais televisivos, ocupouse da tradución de guións (especialmente de programas destinados ao público infantil).
Desde 2003 está destinado no IES Perdouro de Burela e é un dos impulsores do "Modelo Burela", unha estratexia educativa en aplicación desde 2004. 


Karina Parga Chao naceu en Joigny (Francia) en 1975. É licenciada en Filoloxía Francesa pola Univerdidade de Santiago de Compostela. Dende 2003 é profesora de Francés no IES Perdouro de Burela. Ten baixo a súa responsabilidade o funcionamento do banco de materiais pedagóxicos e  é dinamizadora da biblioteca escolar do centro.
Karina Parga ChaoKarina Parga Chao
DIRECTORA DA REVISTA MARUXÍA

Miruca Parga Valiña naceu en Lugo en 1972. É licenciada en Filoloxía Hispánica na especialidade de galego-portugués. Traballou no Arquivo Dialectal do Galego Oral do Instituto da Lingua Galega da Universidade   de Santiago de Compostela e no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. Colaborou coa Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia na elaboración do Nomenclátor da toponimia oficial galega e tamén co Centro Dramático Galego en labores de corrección lingüística.
Impartiu docencia como profesora de Lingua galega e Literatura no IES Porta da Auga de Ribadeo e no IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao (Cervo).
Na actualidade é profesora de lingua no IES Perdouro de Burela, onde coordinou o Equipo de Normalización e   Dinamización Lingüística e onde dirixe a revista Maruxía.

Miruca PargaMiruca Parga Valiña
OUTRAS PERSOAS COLABORADORAS
Mª Xosé Andión FontelaMaría Xosé Andión Fontela
María Xosé Andión Fontela (Crecente - Pastoriza; 1978), licenciada en Humanidades e en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con experiencia na edición - ocupouse desta área en  Edicións Lea de Santiago de Compostela - e na dinamización, dado que tamén traballou na Oficina de Relacións Exteriores que a Universidade de Santiago ten no Campus de Lugo.
Ademais de participar na organización do "Congreso Internacional de Lingüística – Léxico & Gramática" (Lugo; 2000), é autora de "Consideraciones sobre la convivencia castellano-gallego: tratamiento del fenómeno por parte de la prensa del s.XX", texto que defendeu nas II Jornadas Monográficas de la Asociación de jóvenes investigadores de Historiografía e historia de la Lengua española: El contacto de lenguas" (Lugo; 2003).
Desde o ano 2006 é profesora de ensino secundario. Tras un breve período de docencia en centros de Ourense e o Carballiño, conseguiu destino definitivo no IES Perdouro, onde dirixe o departamento de Lingua castelá e Literatura.




José Ramón Leiva Arrojo (Vigo; 1970) é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a traballar no sector educativo en centros concertados, nos cales realizou actividades extraescolares de apoio ao estudo. Ten, ademais, experiencia laboral en centros de atención a persoas con problemas de dependencia. Desde o ano 2007 está a traballar como orientador educativo, con destino no IES Perdouro desde o curso 2013-2014.

José Ramón Leiva

Monserrat Freire Tarrida, nacida en Marín (Pontevedra) en 1970, está licenciada en Ciencias Biolóxicas -na especialidade de Bioloxía Fundamental- pola Universidade de Santiago. Tras unha breve experiencia no ensino primario, é  profesora de Ensino Secundario desde 1999. Chega con destino definitivo a Burela en 2011, despois de percorrer diferentes lugares da xeografía galega en centros de secundaria  así como  de ensino de persoas adultas. Na actualidade imparte diversas materias no Departamento de Ciencias Naturais do  IES Perdouro. 





Manuel Vilariño Freire (Lugo 1975) é licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Matemáticas Puras. Complementou os seus estudos cunha bolsa Erasmus na Université Claude Bernard de Lyon (Francia) e ten un Máster en Matemáticas Financeiras na Universitat Autónoma de Barcelona. Traballou en "La Caixa" como xestor de activos e pasivos e na Dirección Xeral de Informática da Xunta de Galicia como Analista-Programador antes de acceder como funcionario de carreira ao corpo de profesores de ensino secundario. Actualmente dá aulas de matemáticas no IES Perdouro de Burela.



Marga López Periago

Licenciada en Ciencias Fisicas na especialidade de electrónica, pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora da especialidade de sistemas electrónicos dende o ano 1990. Obtén destino definitivo no IES Perdouro de Burela no 2004. Actualmente é profesora do ciclo superior de Mantemento Electrónico e no ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións nos que imparte os módulos de electrónica aplicada e de infraestruturas e desenvolvemento do mantemento electrónico.










Xoan Carlos Barcia Bouzas é orixinario de Sargadelos. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de Filosofía desde o ano 1993. Comezou impartindo clase no IES de Santa Comba, pasando polo IES Vilar Ponte de Viveiro, Ies de Quiroga, IES Manuel Murguía de Arteixo, Rosalía de Castro en Santiago, IES de Cacheiras en Teo e IES Castro da Uz (As Pontes). Actualmente imparte clase no IES Perdouro desde o ano 2006, donde ten praza definitiva.




                                                                           

José Manuel Barcia Fernández (Espasande- San Tirso de Abres; 1952), Enxeñeiro Técnico Industrial pola Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo.
Desde o ano 1984 é Profesor Técnico de Formación Profesional, no curso 84/85, no Instítuto Politécnico Marqués de Suanzes de Ferrol e a partir do curso 85/86 ata hoxe, no IES Perdouro.
Na actualidade imparte docencia nas materias de: Equipamentos Microinformáticos, Infraestructuras Comúns de Telecomunicación en vivendas e edificios e Mantemento de Equipamentos de Vídeo. Ademais desempeña o cargo de Coordinador de Formación en Centros de Traballo, (FCT).

.

Angel Polín Sánchez; (Pena- Castro Verde; 1958), Maestro Industrial polo Instituto Politécnico de Lugo.
Traballou en varias empresas do sector do metal e desde o ano 2006 é Profesor Técnico de Formación Profesional, substituto e interino, en varios centros de Galicia na especialiade de mecanizado  e mantemento de máquinas.
Na actualidade imparte docencia no IES Perdouro nas materias de: fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais e sistemas automatizados.



 Mª Dolores Reimunde Noreña naceu en San Martiño de Mondoñedo (Foz, Lugo). Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, é doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou impartindo clases no Colexio Universitario de Lugo en 1979. Desde 1990 é profesora de Ensino Secundario. Tras exercer a súa docencia como profesora de Lingua castelá e Literatura no Politécnico de Lugo e no IES Valentín Paz Andrade, desde 1999 imparte clase no IES Perdouro.






Neves Cando López, nada en Lugo en 1965. Licenciada en Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués) pola Universidade de Compostela. Profesora de Lingua e Literatura Galega dende o ano 1988 en Burela: primeiro no IES Monte Castelo e dende 1992 no IES Perdouro. Neste Centro exerceu, durante cinco anos, o cargo de Xefa de Estudos.





M. Gregorio Iglesias Echevarría (Avilés - Asturias 1968). Realizou os estudos de Mestre Industrial na especialidade de Máquinas e Ferramentas no IES Perdouro, onde cursou tamén o bacharelato. Posteriormente,  cursou Formación modular de Técnico Superior de Produción por Mecanizado CNC no Instituto Marqués Suanzes en Ferrol.
Traballou en diferentes empresas de fabricación mecánica nos anos 1991-2000, impartiu cursos de soldadura  e no Complexo Hospitalario da Coruña ocupouse de tarefas de mantemento na ULM entre os anos 2000-2005.
Comezou no ensino no ano 2005 e na actualidade imparte Formación Profesional Básica no IES Perdouro.


José Antonio Rivas Rivas  naceu en  San Xorxe de Lourenzá  (1967). Enxeñeiro Técnico Industrial en Mecánica pola Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial de Gijón, realizou os estudos de nivel secundario na especialidade de Técnico Especialista en Máquinas e Ferramentas no Instituto de FP de Burela, agora IES Perdouro.
Logo de rematar a formación acadéica, comezou a traballar na empresa de mecanizados Garsán, SA de Burela, onde pasou por diferentes departamentos: oficina técnica, produción e responsábel do departamento de mecanizado. Desde o ano 2000, é profesor de mecanizado no IES Perdouro, onde imparte a especialidade de mecanizado por control numérico.


Antón Niñe, profesor de Relixión no IES Perdouro de Burela, é Presidente da A.C. ‘Os Matos’ da mesma localidade. Na Parroquia de Santiago de Foz é catequista e Secretario do Consello Parroquial.
En calidade de investigador sobre o patrimonio cultural, especialmente o da Mariña e a provincia de Lugo, impartiu varias conferencias de temática variada: “Historia da educación en Foz”, “Escola de Fondós-Gardería Infantil: 250 anos de historia”, “A vida focense e a súa relación co Asilo de Anciáns”, “Foz na obra de Noriega e Cunqueiro”, “O patrimonio cultural e relixioso na provincia de Lugo”, “O patrimonio cultural e relixioso da Mariña”, “Illas e illotes da Mariña de Lugo”, “Semana Santa”, “Camiño de Santiago”, “Israel:a terra de Xesús hoxe”, “Roma: Cidade de Encontro”, “Ano 200 -Ano Xubilar”, “O cristián, peregrino no novo milenio”, “A Eucaristía: O Pan da Vida”. Tamén actuou como pregoeiro da Semana Santa en San Martiño de Mondoñedo e na Festa do San Campio en Fazouro.
Ademais de ser colaborador en varias publicacións e medios informativos, realizou proxeccións audiovisuais (“75º Aniversario da Confraría de Pescadores de Foz”) e varias exposicións de fotografía: “Foz: as nosas festas”, “Xentes do mar de Foz”, “A muller de Foz no século XX” (as tres de recuperación da memoria fotográfica) e “A Festa do Bispo Santo” e “Alfombras florais das festas do Carme de Foz”.
O Concello de Foz outorgoulle o Premio Manuel María ao labor cultural.


Ana Belén Martínez Cerdeiras, nada en Valcarría (Viveiro) en 1984, é licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela (2002-2007). Ao finalizar os seus estudos comezou a traballar no sector financeiro até que no ano 2010 cursou o Mestrado en Formación do Profesorado na especialidade de Economía e Administración de Empresas. Tras breves períodos de docencia en centros de Pontevedra, Ferrol, Ribadeo e Santiago de Compostela, na actualidade é profesora da especialidade de Administración de Empresas no IES Perdouro de Burela.


Josefa Rodríguez Chao naceu en San Acisclo (Foz, Lugo) en 1974. É Enxeñeira Forestal na especialidade de explotacións forestais pola USC no campus de Lugo. Logo de rematar os estudos universitarios, traballou pola sua conta facendo proxectos para empresas privadas. Mais tarde entrou a traballar no Concello de Burela, compaxinando a realización do CAP. No ano 2001 comezou a dar clase na especialidade de Tecnoloxía no Principado de Asturias onde traballou durante 9 anos sendo en varios deses centros coordinadora das TIC. Desde o ano 2010 imparte docencia na Comunidade de Galicia. No IES Monte Castelo de Burela impartiu docencia en adultos e de apoio con programas como PROA. Actualmente  é profesora no IES Perdouro.



Javier Rouco Martínez (Foz;1979). Graduado en Enfermería pola Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade de Castela e León, completou a súa formación cos estudos de Técnico Superior en asesoría de imaxe persoal e corporativa; estilismo e dirección de peiteado; caracterización e maquillaxe profesional; estética integral e benestar; administración e finanzas; e en peiteado e cosmética capilar.
Exerceu como enfermeiro no Servizo de Saúde de Castela e León. Especializado en Emerxencias, impulsou consultorías de imaxe persoal para doentes con VIH, cancro e hepatites co fin de mellorarlles a súa apariencia.
Experto en maquillaxe de cine, TV e fotografía, é especialista en confección de próteses capilares. Colaborou en teatro como “caracterizador” e “figurinista”.
Selecionado 2001 para a empresa Rizos,  creadora de tendencia para o cabelo, foi director técnico  para  diversas multinacionais (“Eugene París”,  “Laucrom”, “Erayba” e “Kódigo 4”) e dirixiu congresos  para expertos e axentes comerciais na comunidade de Galicia.
Impartiu cursos de maquillaxe ofertados polo Concello de Foz (Lugo). Escribiu artigos para a revista electrónica E-Ducare, prensa e radio, e coordinou grupos de traballo na xestión dos programas da nova FP.
Pertence ao corpo de profesores técnicos de Formación Profesional na familia de Imaxe persoal e desde 2007 ensinou nos centros educativos: IES 12 de outubro (Ourense), IES Teis (Vigo), CEE Saladino Cortizo (Vigo), IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e IES Perdouro (Burela),  onde ensina no ciclo formativo de Peiteado e cosmética capilar e supervisa a formación en centros de traballo.




Ana Isabel Bugarín Saracho é orixinaria de Tui (Pontevedra). Está licenciada en Filoloxía Xermánica e completou os seus estudos na Universidade de Edimburgo cunha bolsa da Xunta de Galicia. Traballou na Biblioteca de Radcliffe da Universidade de Oxford e fixo cursos de perfeccionamento para o profesorado na Universidade Politécnica de Londres. Foi profesora nos institutos de Vigo, Ponteceso, Pontevedra, Foz -onde promoveu un intercambio escolar cos Estados Unidos- e no Monte Castelo de Burela (1989-1999). Actualmente imparte clases no IES Perdouro onde ten praza definitiva desde o ano 1999.



Toni Galdo López. Nado na Capela (A Coruña), é Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade da Coruña. Logo de traballar durante dous anos nunha academia de inglés, comezou como profesor interino de ensino secundario en Castela e León. No ano 2008 aprobou o concurso-oposición e comezou a súa andaina por diversos institutos galegos en localidades como Cedeira, Ortigueira e Viveiro. É profesor do IES Perdouro desde o curso 2011/12.


Ana Mª Vázquez Sesmonde
Naceu na Coruña. Licenciada en Ciencias Químicas (especialidade de Química Fundamental: Orgánica) pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde 1989 é profesora de Ensino Secundario de Fïsica e Química. Comezou a impartir docencia no IES de Fene, no IES Fernando Wirtz (A Coruña) e desde 1991 ten a praza definitiva no IES Perdouro. Neste centro exerceu durante dous anos o cargo de Vicedirectora.





María José Fernández Carbajales , Castropol, Asturias. 1968.

Licenciada en educación física polo INEF da Coruña (1987-1992), formou parte da primeira promoción desta facultade.
A súa carreira docente transcorreu en centros da Mariña (Burela, Ribadeo, San Cibrao), aínda que traballou noutras vilas da Coruña e Ourense.
No 2007 chegou ao IES Perdouro e desde setembro de 2015 ten destino en Tapia de Casariego (Asturias).




Sem comentários:

Enviar um comentário