Os alumnos de 2º de bacharelato tiveron a oportunidade de coñecer a Anik
 Nandi,  sociolingüista da Bengala do oeste, que está a realizar a tese 
doutoral na universidade de Santiago de Compostela, e aprender acerca 
das sociedades plurilingües e as linguas minoritarias. Anïk comparou o 
contexto sociolingüístico de Galicia coa diversidade lingüística do seu 
país natal. Entre outros idiomas, en Bengala úsanse frecuentemente 
bengalí, hindú, sánscrito e inglés. Ó final do debate e tras responder 
ás preguntas do alumnado, Anïk regalounos unha tarxeta con cada un dos 
nosos nomes en bengalí, o que permitiu que a súa intervención tivese un 
carácter máis informal. Encantounos a todos!O galego e o inglés foron as
 linguas empregadas durante este acto, tanto por parte dos alumnos como 
por parte de Anïk. Quedou claro que o inglés é fundamental para 
expresarse a nivel internacional, mais que tamén debemos estar 
orgullosos do galego, a lingua materna. A diversidade de linguas é tan 
importante como a biodiversidade. Esta foi unha actividade de inmersión 
no inglés, na que os alumnos non só  escoitaron a Änik expresarse en 
inglés senón que lle fixeron preguntas neste idioma. Por outra banda, 
esta actividade fomentou a competencia multilingüe cando o 
conferenciante describía algunhas das tradicións culturais do seu país.