OS CONTRABANDISTAS

21/04/17

ÁLEX LANDIM RECOLLEU EN COMPOSTELA PREMIO AO ESFORZO ACADÉMICO

Álex Landim e a expedición acompañante (encabezada polo director do IES Perdouro, Santiago Pérez) recibiron o saúdo do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu esta mañá a entrega dos galardóns ao esforzo e superación persoal na etapa de ESO, nun acto ao que tamén asistiron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; docentes dos centros escolares e familiares dos propios alumnos.
O titular de Cultura e Educación asegurou que a responsabilidade, a capacidade de traballo e as circunstancias personais destes 20 mozos exemplifican os valores da mocidade galega. Destacou, ademais, os premios como "un éxito colectivo do profesorado, das familias e dos alumnos", aos que trasladou os parabéns.

ÁLEX LANDIM

Un dos alumnos premiados foi Álex Landim Correia, que chegou ao noso sistema educativo en setembro de 2014. Tras ser escolarizado en 4º de ESO, seguindo basicamente o criterio da idade, o equipo pedagóxico capitaneado pola súa profesora Miruca Parga recomendou a incorporación do alumno a un programa de diversificación curricular, moito máis indicado para atender as súas necesidades educativas. Os resultados demostran que a medida foi moi acertada. O mozo inmigrante tivo ao seu alcance unha atención personalizada que soubo aproveitar. En só dous anos avanzou desde un nivel equivalente a 3º de Ensino Primario e chegou a obter o título de ESO.

Sem comentários:

Enviar um comentário