OS CONTRABANDISTAS

26/10/19

A PINTURA DE ANTÓNIO FIRMINO EN BURELA


Por xentileza da fotógrafa Lucía Rivas, ofrecemos á nosa audiencia esta gravación da visita á exposición que leva por título Vivências cabo-verdianas, da autoría do Dr. António Firmino. A actividade estaba enmarcada no Iº Curso de Língua e Cultura de Cabo Verde, celebrado en Burela entre os días 21 e 30 de outubro de 2019.
Na tarde da quinta xornada de traballos, o persoal docente que asiste ao curso tivo aulas sobre gramática por un espazo de dúas horas. Inmediatamente despois, a sesión didáctica pasou para a Casa da Cultura, onde a gramática deixou paso ás artes escénicas e plásticas.
Cartaz anunciador da mostra de pintura do Dr. António Firmino aberta na localidade de Burela 

21/10/19

António Firmino: “Desde há cerca de dez anos, ensino o Crioulo a portugueses, galegos ou espanhois”

Esta segunda-feira, o IES Perdouro de Burela contará com mais um professor no centro. António Firmino, natural da ilha de São Vicente, será o novo docente do que os próprios professores aprenderão sobre a língua e cultura cabo-verdiana. Este curso, que nasce desde o Centro de Formação e Recursos (CFR) de Burela e já conta com 25 matrículas, ajudará na integração das moças e moços de Cabo Verde que chegam à vila da Marinha.
antonio firmino
Qual é o seu lugar de origem?
Nasci na ilha de São Vicente, Cabo verde, onde vivi até 1971, altura em que vim para Portugal, para continuar os estudos; em fins de 1974, fui para a Guiné-Bissau, onde iniciei a carreira docente (Inglês e Francês), continuada em São Vicente até 1982, quando regresso a Portugal, onde permaneço até completar a licenciatura em Línguas e Literaturas Modernas (variante Inglês-Português) em 1987, na Universidade Nova de Lisboa; regresso a Cabo Verde para leccionar Inglês Marítimo na então Centro de Formação Náutica, mais tarde Instituto Superior de Ciências do Mar.
Em que momento passou a viver em Portugal?
Nos fins de 1999, regresso a Portugal por motivos de saúde, aproveitando para fazer o Mestrado em Comunicação Educacional e Multimédia, na Universidade Aberta de Lisboa; concluído o mestrado, decido ficar, por motivos de saúde e familiares. A família nuclear estava toda em Portugal (mulher, filhos e netos).
Continua em relacionamento estreito com Cabo Verde?
O contacto com a terra é permanente, através de todos meios à minha disposição: internet, contactos com familiares e conterrâneos, televisão de Cabo Verde.
“O meu contacto com Cabo Verde é permanente através da Internet, contactos com familiares, televisão…”
Quanta população de origem cabo-verdiana está na área metropolitana de Lisboa?
A par da Holanda e dos Estados Unidos, Portugal acolhe um grande contingente de imigrantes cabo-verdianos; em 2.000, a estimativa de Cabo-verdianos em Portugal era de 83.000 e cerca de 90% na zona da Grande Lisboa.
Quais são os pontos de encontro da sociedade procedente das ilhas na cidade?
Existem variadíssimos pontos de encontro: associações cabo-verdianas (duas em Lisboa, uma em Almada, uma em Seixal, uma em Sines, etc), para além de vários bares e restaurantes de índole cabo-verdiana, com comida típica das ilhas, música, convívio).
Quadro de António Firmino.
Quadro de António Firmino.
Quais são as atividades em que se reúnem durante o ano?
Durante o ano, todas as festividades das ilhas , são recriadas e revividas em Portugal, o Carnaval, as Festas de São João, Festivais da Cavala, batuque e Funaná, etc
Como foi o processo de aprendizado do cabo-verdiano escrito?
O processo de aprendizagem do Crioulo escrito foi natural, primeiro com a chamada escrita espontânea , de base portuguesa e, mais tarde, com o ALUPEC -alfabeto unificado para a escrita do cabo-verdiano.
O António é professor da língua de Cabo Verde há alguns anos. Onde tem ministrado cursos?
Desde há cerca de dez anos, ensino o Crioulo, Língua e Cultura de Cabo Verde, a portugueses, espanhóis, galegos, belgas, russos, ingleses, brasileiros, polacos, etc., na sua maior parte pessoas com formação académica superior e que querem conhecer melhor a nossa língua e cultura, por motivos vários. As aulas são ministradas sob a égide do Centro
InterCulturaCidade.
A família Firmino é bem conhecida no universo artístico caboverdiano. Apresente-nos os seus membros.
A minha esposa, Ana Firmino é cantora, com quatro álbuns de música tradicional de Cabo Verde lançados até a data e concertos em vários países (Espanha, França, EUA, Alemanha, etc; o meu filho mais velho é rapper, mas também canta música das ilhas, mornas e coladeiras.
Desde quando é pintor e como nos apresenta a sua pintura?
Pinto desde os meus catorze anos e nunca parei até agora, tendo o conciliado a actividade artística com a vida académica. A minha pintura pretende ser realista com forte ligação a Cabo Verde, suas gentes e tradições.
Fonte informativa: Portal Galego da Língua

13/10/19

CURSO DE LINGUA E CULTURA DE CABO VERDE

Comunicamos que a actividade de formación permanente do profesorado Curso inicial de lingua e cultura de Cabo Verde desenvolverase en Burela do día 21/10/2019 ao día 31/10/2019 no seguinte horario: Xornadas Día Hora inicio Hora fin 21/10/2019 18:00 21:00 22/10/2019 16:00 19:00 23/10/2019 16:00 19:00 24/10/2019 16:00 19:00 28/10/2019 18:00 21:00 29/10/2019 16:00 19:00 30/10/2019 16:00 19:00 31/10/2019 16:00 19:00

11/10/19

NEIRA VILAS DE NOVO NA MARIÑA

As memorias de Xosé Neira Vilas



 Xosé Neira Vilas recibiu a visita dunha Expedición Modelo Burela na sede da Fundación que leva o seu nome

Diego Calveche Barranco 

 As persoas temos por costume esquecer, deixar a un lado o vivido, como se nunca ocorrese. Se nos falan de emigración, pensamos en peruanos, colombianos, nos negros das pateras… que veñen en busca de mellores condicións de vida. Desafortunadamente, non recordamos que antes fomos nós, galegos, os que tivemos que emigrar, co mesmo obxectivo.
No IES Perdouro puidemos gozar da experiencia dun dos moitos galegos que se viron obrigados a abandonar a nosa terra. Foi Xosé Neira Vilas quen, con 83 anos plenos de vitalidade, mantivo con nós unha intensa tertulia.
O Presidente da Asociación Cultural Os Matos, o noso profesor Antón Niñe, presentóunolo. Recordounos que naceu na aldea de Gres, provincia de Pontevedra, fillo de labregos e que marchou a Bos Aires e alí traballou e estudou música, técnicas comerciais, literatura, e a carreira de xornalismo. Díxonos que naquelas aulas coñecería unha muller, Anisia, tamén descendente de galegos, coa que casaría en 1957, e que na capital arxentina mantivo o contacto con Galicia mediante diversas organizacións galeguistas, onde coincidiu cos grandes autores galegos da época: Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane, Lourenzo Varela e Ramón de Valenzuela.
Xosé Neira Vilas presentounos a cidade arxentina como a capital cultural de Galicia durante os anos 50. Nela editáronse numerosos periódicos en galego, creáronse bandas sinfónicas, emisoras de radio, grupos de teatro galego, grupos de gaiteiros… Alí a comunidade galega gozou do privilexio de ser a única á que se lle concedía o préstamo do teatro Colón, o máis importante de todo o país.
Despois da contextualización, falamos tamén de Economía e da súa relación co nivel de vida. O escritor comentounos que a emigración americana supuxo unha importante entrada de diñeiro, grazas ao cal se puideron crear unhas 310 escolas en toda Galicia e reducíronse en grande medida as taxas de analfabetismo. Conseguiuse o obxectivo: que non se risen dos galegos por non saberen ler nin escribir ou por teren que facer os traballos máis duros. Ademais, grazas aos cartos procedentes da emigración, arranxáronse igrexas, abríronse camiños, construíronse cemiterios e centros sanitarios.
No referente á identidade, na emigración naceron destacadas institucións galegas como a Real Academia Galega, estrouse o himno e deseñouse a bandeira, que xa cubriría os restos de Manuel Curros Enríquez no seu traslado a Galicia.
Como neste ano se cumpre o 50º aniversario da publicación da súa obra máis recoñecida, Memorias dun neno labrego, o autor dedicoulle atención especial. Comentounos que a novela foi escrita nunha terraza de Bos Aires, ante a curiosidade dun dos camareiros, a quen posteriormente lle regalaría un exemplar do libro. Nas Memorias, Neira Vilas quería falar do campo de Galicia, mais a través “dun libro ben feito”, mostrando “o drama do campesiño contándoo con naturalidade, de xeito se vise como foi”. A preguntas nosas interesándonos pola repercusión da obra, o narrador falounos da grande cantidade de exemplares vendidos (no pasado e no presente), das numerosas teses feitas sobre el e das traducións e adaptacións ao teatro.
A través das Memorias dun neno labrego, Neira Vilas contounos numerosos recordos da súa nenez. Presentounos a súa familia labrega, o seu traballo como carteiro, a súa asistencia á escola (destacou a grande cantidade de quilómetros que tiña que percorrer cada día). Con certa melancolía, comentou que na súa infancia os problemas familiares abordábanse en conxunto, que nos momentos de reunión familiar os rapaces estaban presentes, e que naquela época a disciplina era considerada moi importante. Tamén debería selo na actualidade: “Non perdades a cultura do traballo”, dixo con palabras que chamaron a nosa atención.
Preguntámoslle pola escola do seu tempo e respondeunos que só había unha mestra para ducias de nenas e nenos de todas as idades, que dispoñían dunha pequena biblioteca e que estudaban en 3 enciclopedias: a do grao preparatorio (na que se quedaban a maioría dos rapaces), a de grao medio, e a de grao superior. Os rapaces acostumaban a ir á escola cando chovía, xa que estes eran os días en que non tiñan que traballar no campo. Con respecto ao idioma, dixo que a docencia se exercía en castelán, mais que os rapaces expresábanse fluidamente en galego. Como anécdota, comentou que as nenas acostumaban facer o camiño á escola coa mestra e que o costume cambiou no momento en que a docente deixou de empregar o galego na conversa espontánea.
Como quixemos saber máis sobre a súa familia, Xosé Neira Vilas falounos tamén das súas 3 irmás e dos 4 irmáns, que se viron forzados a emigrar. Esta referencia biográfica levouno de novo a desmitificarnos a emigración: “Os emigrantes conseguiron cartos para axudar as súas familias, mais non viviron tan ben como se pensa. Sufriron duras xornadas de traballo, durmían en calquera lugar, vivían de mala maneira… Moitos deles, retornaron e levantaron casas novas, mais continuaron vivindo nas vellas. Non estaban afeitos aos luxos…”
Definitivamente, con Xosé Neira Vilas disfrutamos; tivemos entre nós un “torrente verbal” co que, entre outros moitos contidos, aprendemos humildade.

NOTA: Este artigo foi publicado orixinalmente o 12 de maio de 2011 no xornal dixital www.cronica3.com. Reproducímolo de novo con motivo da presentación da súa obra póstuma Co pai (Ed. Galaxia), nun acto a celebrar na Sacabeira de Sargadelos ás 20:00 horas do día 12 de outubro de 2019.

03/10/19

TRABALLO EN REDE



Co comezo do novo curso retomamos as actividades desta intervención educativa normalizadora e desta vez facémolo coa ilusión que nos dá ter recibido o Premio Mil Primaveras. Un ano máis, temos a mellor das disposición para a colaboración con centros de ensino e asociacións culturais, veciñais ou xuvenís da nosa comunidade lingüística.

Estes son algúns dos exemplos de colaboracións que fixemos en etapas anteriores:


1) Obradoiro de radio (para varios grupos ou para o centro enteiro): http://proxectoneo.blogspot.com/2018/03/proxecto-neo-2227-especial-222.html



3) Viaxes educativas:



Para comentar estas fórmulas ou para recoller calquera outra proposta, estamos ao voso dispor tanto a través do servizo de correo como a través do teléfono ou das redes sociais.

01/10/19

Palabras de agradecemento polo Premio Mil Primaveras




Karina Parga

Estamos de aniversario. Xustamente agora cúmprense 15 anos desde que comezamos coa iniciativa. Desde aquel 2004 mantivémonos constantes en facer escola en diálogo permanente con múltiples axentes sociais. Comezamos cun amplísimo traballo de campo que nos puxo en contacto directo con centenares de familias e despois falamos con todas as asociacións, coa comisión parroquial e con todos os partidos políticos e sindicatos.

Aínda case non sabemos como, mais fomos capaces de gravar e editar unha radiografía sociolingüística de Burela nunha longametraxe que ten máis de medio cento de protagonistas. Para nós foi un reto. Como o foi tamén colaborar co Concello para redactar o Programa de Planificación Lingüística Municipal e servir de ponte entre os partidos para conseguir a aprobación por unanimidade.

Nós damos fe de que, con constancia, vaise facendo o camiño. Así como nun xogo, comezamos coqueteando coa radio hai agora sete anos e agora mesmo andamos xa rondando o medio millar de emisións. Fácil non foi, mais a meta está aí e, se por nós é, esa meta há de ir avanzando cada día máis alá.


Amigas e amigos, o mellor do Modelo Burela é que somos comunidade. Sinto orgullo de podervos presentar hoxe aquí a Equipa de Proxecto Neo, o programa do diálogo entre culturas, con protagonismo para a comunidade neofalante. Este premio que hoxe recollemos vai para Noé, para Nuria, para Alba e para Cristian.

Mais este premio tamén é para a equipa do programa musical Grandes Vozes do Nosso Mundo, emitido desde Burela, desde Ferrol, desde A Coruña e mesmo desde San Paulo. Cento cincuenta semanas en antena. Un enorme éxito colectivo e un enorme éxito persoal de Marco Pereira.

Se o Modelo Burela alcanzou proxección exterior fóra dos límites da Mariña, é grazas Matías Nicieza, que nos acompaña. Non só por ter dirixido a longametraxe, non só por coordenar os centenares de programas radiofónicos durante tantos anos. Tamén por ser durante todos estes anos unha peza fundamental da nosa intervención educativa, desde fóra do patio escolar.

Amigas e amigos: do desafío 48 de Oleiros, do proxecto Youtubeiras e Youtubeiros, de Falemos de ti e de min, da Ciencia Galega Industrias Creativas e de Eu presumo de Galego, moitos parabéns! Tede claro que vos admiramos e tede a certeza de que desde hoxe traballaremos en conxunto. 

Para todas as persoas que integraron o xuri do premio, para o Concello e a Deputación de Pontevedra, e para a a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua vai o noso agradecemento infinito. Con este premio dádesnos o alento que necesitamos. Sabede que desde agora mesmo nos sentimos moito máis reforzados.