OS CONTRABANDISTAS

24/01/21

Mestrado de Educación Intercultural

Alejandro Ramos en plena xornada de teletraballo con estudantado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos dos centros de ensino de Asturias



Alejandro Ramos

Estou moi contento de comezar as miñas prácticas do Mestrado Eurolatinoamericano de Educación Intercultural (UNED) na Asociación Modelo Burela.

Que mellor sitio que no meu pobo para poder aplicar todas as estrategias e recursos aprendidos nestes anos! Estou moi feliz por poder compartir intervencións sociais e educativas con persoas que me formaron academicamente e agora como profesional.

Ademais, é un enorme orgullo poder mostrar o inmenso labor realizado polo Modelo Burela ao resto do mundo. Moitas veces non valoramos o que temos no noso contexto, mais sí o fan outras persoas que o ven desde fóra. Burela é un lugar diverso, intercultural, cheo de grandes oportunidades educativas e sociais, das que todas e todos podemos aprender.

O Modelo Burela loita cada día por poder promover unha transformación social no camiño dunha forma de vida solidaria, tolerante, intercultural, diversa e respetuosa. Que casualidade que estes valores sexan tamén compartidos e buscados por Branque Asociación Cultural. Ou quizás non sexa tanta casualidade.

Grazas, Modelo Burela.

Sem comentários:

Enviar um comentário