OS CONTRABANDISTAS

19/03/21

20 de marzo: Día dos Medios en Galego

 


Este sábado 20 de marzo, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebramos o Día dos Medios en Galego. Facémolo coa retransmisión, en streaming, do programa, a modo “Late Night”, que tivo que ser aprazado o 7 de febreiro (a data oficial, aprobada no Parlamento de Galicia, conmemora a saída do primeiro xornal en galego, O Tío Marcos d’Portela, aló polo 1876) polas restricións sanitarias.

A Casa Museo de Rosalía acollerá a emisión dun programa especial presentado por Federico Pérez Rey, unha das caras máis visibles do audiovisual galego, que estará acompañado pola música en directo dunha banda formada por Iván Barreiro, á guitarra; Carlos Arévalo, á batería; e Ale Casquero aos teclados.

 Será unha festa da lingua, con entrevistas, sketches, o nacemento dun novo proxecto, así como singulares sorpresas que demostrarán o papel fundamental do galego como principal motor da comunicación no noso país.

 O programa será retransmitido en directo nas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch. Ademais, tamén se emitirá o domingo ás 21:30h en NósTelevisión e o luns ás 18:00h en todas as emisoras municipais galegas da rede de Radiofusión. O evento conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, ademais do apoio da Casa Rosalía.

 140 medios #engalego

 A cita será unha festa para os máis de 140 medios que a día de hoxe comunicamos na nosa lingua activos este marzo 2021: 40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Louriña, A Nosa Terra, A Movida Vigo, A Nova Peneira, A que cheira papá, A Trabe de Ouro, A viñeta de Schordinger, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Agora.gal (próxima apertura), AmariñaXa, AMSGO!, Ames Radio, As Nosas, Badal Novas, Balea, Barrios, Biosbardia, Caleidoscopica Revista, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Canle Ribeira Sacra, Canto Ghalpón, Cerna Revista, Cerne, Código Cero, Comarcasnarede, Coralia, Crónica 3, Crónicas da comarca, CUAC FM, CulturaGalega, Diario Liberdade, Diario do Támega, Dende a Limia, Disquecool, DZ Dixital, Ecos da Comarca, En Común, Entre Nós, Erregueté, Fervenzas Literarias, Galicia Cinexética, Galicia Confidencial, GalizaLivre, GCiencia, Grial, GZmusica, Historia de Galicia, Inviable Revista, Irimia, Kallaikia, Lalín e Comarca, Lindeiros, Lugo Xornal, Luzes, Mallando no Android, Mazarelos, Nós Diario, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas de Turonio, Novas do Eixo Atlántico, O Barbanza, O Dez, O Farelo, Ollaparo, O Papagaio, O Rosaleiro, O Sil.info, Orgullo Galego, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Portal Galego da Lingua, Praza Pública, Primeira Noticia, Proxecto Neo, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio As Nogais, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume, Radio Fene, Radio Foz, Radio Galega, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, radiNeria, Radio Nordés - Cadena Ser, Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Piratona, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Valga, Radio Valladares, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Revista Morcego, Revista Nalgures, Revista Pincha, Sprintmotor, Sondolouro, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, TerrachaXa, Vaca Pinta, Vinte, Xarda, Xornal de Betanzos, Xornal 21, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo e Zona Press 

A AMEGA está formada a día de hoxe por 40 medios. 

 Toda a información en https://mediosengalego.gal

Sem comentários:

Enviar um comentário