OS CONTRABANDISTAS
20/09/23
CRISTIAN RIVAS GARCÍA "PITERO" ENTRE OS MELLORES DEPORTISTAS DA PROVINCIA
17/09/23
ÍKER TRILLO ENTRE OS FAVORITOS AO PREMIO DOS DEPORTISTAS LUCENSES
Íker Trillo durante unha entrevista no programa Proxecto Neo, de Radio Burela. FOTO: Lucía Rivas |
13/09/23
RADIOVOZ:Bernardo Penabade é entrevistado por Félix Jorquera dentro do Radiovoz Lugo e A Mariña
Con motivo do Premio Meendinho, Félix Jorquera realiza unha entrevista a Bernardo Penabade para falar sobre o Modelo Burela.
05/09/23
O PROFESOR BERNARDO PENABADE E A ESCOLA INCLUSIVA “MODELO BURELA” RECIBEN O PREMIO MEENDINHO
O próximo sábado, día 9 de setembro, será entregada en Vilar
de Santos a décimo cuarta edición do Prémio Meendinho. O momento de partida
está marcado para as 12 do mediodía na prestixiosa sala “Arca da Noe”, onde
diversas personalidades galegas e portuguesas van participar na “laudatio” do
premiado: o profesor Bernardo Penabade, representante da iniciativa educativa
Modelo Burela. Inmediatamente a seguir á parte musical, protagonizada polo cantor
Sérgio Mirra acompañado da súa banda, o encontro finalizará cun almorzo de
irmandade.
Desde 2003 é un dos impulsores do Modelo
Burela, iniciativa de didáctica e planificación lingüística pensada para a
aplicación no ámbito local, e coordina o programa radiofónico Proxecto
Neo (dedicado á comunidade neofalante) e colabora na produción do Grandes
Vozes, dirixido por Marco Pereira Oliveira. En 2021 foi nomeado integrante
da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega.
Bernardo Penabade é un referente do fomento da comunicación
entre os sistemas educativos de Galiza e Portugal. Durante un período de 17
anos (1988-2005) introduciu as grandes obras das literaturas portuguesa, brasileira
e africana como complemento do ensino da lingua galega e en 2005 foi un dos
precursores da introdución da materia específica de Lingua Portuguesa na rede
de ensino secundario galego, unha medida que contribúe para o aproveitamento de
recursos pedagóxicos do mundo lusófono, para a normalización da presenza de
personalidades das letras portuguesas nas escolas galegas e para a consolidación
das viaxes de estudo “en dirección ao sur”.
Proxecto Neo é a intervención destinada á incorporación á cultura galega de persoas que non tiveron a nosa como a súa primeira lingua. Desde o mes de xaneiro de 2012 dá a coñecer experiencias de neofalantes que poden servir de modelo para outras persoas que necesitan estímulo para iniciar ese proceso.
Grandes Vozes, ponte musical bidireccional entre as dúas
beiras do Atlántico, unindo Europa con África e América, é un diálogo musical
feito partindo da música galega e fortalecendo os vínculos co noso mundo
lingüístico internacional.
No ámbito da atención á diversidade, o Modelo Burela traballa
con alumnado en situación de fracaso escolar extremo e impulsa unha acción
educativa en colaboración cos servizos sociais e asociacións culturais,
deportivas e recreativas, como axentes de inclusión social.
Recoñecemento social
Sérgio Mirra
Como músico, fixo parte do Grupo de cavaquiños "Seara Nova" de Ronfe;
do Grupo Musical Pedra D´Água, do grupo Canário & Amigos; e aínda dos
Minhotos Marotos. O proxecto SÉRGIO MIRRA surxe da súa grande paixón pola
música tradicional portuguesa.
Premios Meendinho