OS CONTRABANDISTAS

17/09/23

ÍKER TRILLO ENTRE OS FAVORITOS AO PREMIO DOS DEPORTISTAS LUCENSES

VOTACIÓNClica aquí

Íker Trillo durante unha entrevista no programa Proxecto Neo, de Radio Burela. FOTO: Lucía Rivas


O xornal El Progreso fai unha consulta á audiencia e abre a posibilidade de votar polas persoas que máis destaquen en cada unha das diferentes modalidades deportivas. A sondaxe estará aberta até a medianoite do día 6 de outubro.

ÍKER TRILLO

Íker Trillo Souto (Burela, 2009) é un destacado deportista na modalidade de baloncesto.
Con 9 anos comezou a practicar este deporte no C.B. Burela. En 2017, estando na etapa alevín, foi chamado para a selección galega e desde ese momento defendeu a camiseta da nosa terra en 3 ocasións.
Catro anos máis tarde, incorporouse á selección española e neste ano foi un dos destacados nas xornadas de formación celebradas en Íscar (Valladolid).
Nos anos 2021 e 2022, Íker Trillo participou en Valencia na fase previa da Mini Copa defendendo a camiseta do C.B. Breogán. Con posterioridade, no mes de abril de 2023 foi convidado polo C.B. Valencia para disputar a Mini Copa en Badalona.
Desde o mes de setembro deste mesmo ano está no C.B. Obradoiro.


COLABORACIÓNS DE ÍKER TRILLO COA ESCOLA DE COMUNICACIÓN MODELO BURELA







OUTRAS VOTACIÓNS: 

CRISTIAN RIVAS "PITERO"




Sem comentários:

Enviar um comentário