OS CONTRABANDISTAS

20/06/25

AMARINHA.GAL

 Michel Stassart


O proxecto http://actividades.amarinha.gal naceu coas sementes doutro proxecto semellante en Pontevedra. Para colocar nun calendario dixital -como se fose de papel- as actividades que se fan na contorna, inspirámonos neste proxecto de Pontevedra e Xosé (jsmtux.com) fixo a adaptación para nós, os da Mariña. 

Estamos a sementar. Imos ver se xermina, se se multiplica e se nutre así a Marinha de información sobre as  actividades culturais que brotan e medran aquí. 

Esta axenda, como xa verás, está feita para ollar dunha maneira rápida as actividades dos días e dos meses.

O que precisamos agora é que apuntes as túas actividades e tamén as doutros.  Podes rexistrarte ou non. Non é obrigatorio e é secreto. Se estás, as túas achegas serán máis rápidas.  Difunde o enlace para que as persoas o utilicen nos telemóveis, en revistasou con sinais de fume, panfletos, radios, periodicos, etc.

Sem comentários:

Enviar um comentário