OS CONTRABANDISTAS

16/01/20

CONCERTO DE ALEX DJIMMY EN BURELA



Coa organización da Asociación Cultura Tabanka, o día 11 de xaneiro celebrouse na antiga Praza de Abastos de Burela un concerto do artista caboverdiano Alex Djimmy. A partir das seis da tarde, ducias de persoas de todas as idades congregáronse no local e seguiron o proceso de preparación do concerto. Ás oito, chegou a primeira das actuacións. Todas as mulleres que interpretan en Burela a música de Cabo Verde uníronse nunha magna formación e ofreceron un magnífico concerto no que se fixeron notar tamén diversas incorporacións de adolescentes e mesmo crianzas.
Pola súa parte, Ivandro Soares e Flávio Almeida contribuíron decisivamente a caldear o ambiente coa interpretación de varias pezas de rap, nalgúns casos en sintonía cun auditorio que os acompañaba facendo coros.
O prato forte da gala, conducida con moito dinamismo por Riziana Fidalgo, chegou cando eran as nove da noite. Álex Djimmy, por momentos só e por momentos acompañado de Eliane Tavares, Érica Mendes e Taísa Gonçalves, cantou diante dun público entregado que coreaba a súas cancións e que, cando o concerto chegaba ao fin, non o deixaba baixar do escenario e pedía que se prolongase o espectáculo.
Unha mostra do ambiente que se viviu no concerto témola no vídeo preparado por Raquel Gómez. Esta fotógrafa asturiana comezou en 2016 un traballo sobre migración e tomou contacto coa comunidade caboverdiana co obxectivo de contribuír ao diálogo intercultural. 



DIÁLOGO ENTRE CULTURAS A TRAVÉS DAS ONDAS RADIOFÓNICAS

Fotocomposición feita no CPI Suárez Marquier con imaxes do momento da emisión radiofónica que uniu Burela e O Rosal
durante a tarde do día 15 de xaneiro de 2020

Como resultado da colaboración entre o Colexio Público Manuel Suárez Marquier do Rosal e o IES Perdouro de Burela, na tarde do día 15 de xaneiro de 2020 alumnado e profesorado dos dous centros educativos estableceron unha ponte de comunicación intercultural a través das ondas radiofónicas.
A primeira toma de contacto realizouse na semana inmediatamente seguinte ao período vacacional. Unha simple comunicación de correo electrónico serviu de documentación básica para a preparación do guión e para a planificación da emisión. Foi unha actividade práctica que contou coa implicación directa de dez alumnos e alumnas, cinco de cada centro educativo. Cos traballos previos xa feitos, entrou en acción o grupo que prepara semanalmente o Proxecto Neo.



Da biografía da alumna Rosario Barra Simpson, de 11 anos, que estuda 6º de Primaria no CPI Suárez Marquier, orixinaria de Namibia, ocupouse a súa colega Ádila Pereira Lopes, chegada a Burela desde a Illa de Santiago, en Cabo Verde. Pola súa parte, Lidiana de Pina (do IES Perdouro) informouse sobre a súa colega Emily Anne Otero Robinson, que chegou do Reino Unido á área metropolitana de Vigo e que agora participa no programa radiofónico "The Famous five" emitido desde o centro educativo do Rosal. Outro tanto fixo o alumno Yorel Ladra, que se mostrou admirado cando soubo que Ciara Milandré Van Wyk, de 14 anos e nacida en Namibia, é capaz de se expresar con fluidez en catro linguas (afrikaans, inglés, galego e español) e que, ademais, está comezando coa aprendizaxe do francés. A comunicación intercultural completouse coa participación de Nira Mateos Ambekar, nacida en Toledo, de pai europeo e nai asiática, coa caboverdiana Taísa Gonçalves; e da arxentina Sydney Rose Karszenbaum, de 15 anos, con Gerson Semedo, que chegou do arquipélago africano en 2017 e que leva só dous cursos no noso sistema educativo.
As "The Famous five" no estudio da radio educativa do CPI Suárez Marquier. Emily Anne, Rosario, Ciara, Nira e Sydney están acompañadas polas súas profesoras Lola (Orientación), María (Lingua Castelá) e Bea (Lingua Inglesa)

Xunto con Antón Castro, colaborador habitual do programa, están o compañeiro e as compañeiras que se estrearon
nas ondas con esta emisión: en primeira fila, Gerson Semedo; de pé, Taísa Gonçalves, Ádila Pereira e Lidiana de Pina.

Unha vez feito o traballo de produción, como é habitual, da realización do programa ocupouse a Masa Coral Modelo Burela dirixida tecnicamente por Matías Nicieza. A emisión foi conducida por Alejandra Alonso, coa colaboración de Antón Castro e Serxio Alonso. Fixeron entrevistas Noé Fernández, Cristian Gómez e Alba Geada.
Trío de locutores en acción: Serxio Alonso, Alejandra Alonso e Alba Geada durante a emisión do programa

13/01/20

O CINEMA DE MATÍAS NICIEZA NA INAUGURACIÓN DO CICLO "21 días co galego"


A curtametraxe "Instrucciones para empezar a hablar gallego" de Matías Nicieza, inspirada nun relato do mesmo título do libro Made in Galiza do escritor Séchu Sende, serviu de referencia na primeira xornada do ciclo 21 días co galego. Esta iniciativa da profesora Pilar Ponte Patiño no IES do Caramiñal celébrase desde 2013 e estendeuse a outros centros desde edición de 2019 a través da intervención da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Os 21 días co galego é unha intervención educativa inspirada nas propostas de dinamización lingüística feitas polo profesor José María Sánchez Carrión. Entre os pioneiros na aplicación para a revitalización dos usos do idioma galego figura o escritor Séchu Sende, autor do relato que serviu de base ao guión cinematográfico de Matías Nicieza.
Segundo aparece reflectido no blog da intervención educativa, "este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego, así como a reflexión persoal sobre a relación que cada quen ten co galego e co resto das linguas que coñece".
Na edición de 2020, alén do IES do Caramiñal, os centros participantes serán os seguintes:

– IES Afonso X O Sabio (Cambre)

– IES Antón Alonso Ríos (Tomiño)

– IES Ánxel Fole (Lugo)

– IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela)

– IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)

– CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida (A Coruña)

– IES Illa de Ons (Bueu)

– IES As Lagoas (Ourense)

– IES de Poio (Poio)

– IES de Vilalonga (Sanxenxo)

Esta é a curtametraxe dirixida por Matías Nieciza e protagonizada por actores e actrices da Mariña, algúns deles estudantes no IES Perdouro:


A comunidade educativa implicada nesta curtametraxe, recollendo tamén o sentir do director e do equipo técnico, queremos transmitir o agradecemento para todas as entidades implicadas no "21 días co galego" por contar co noso traballo.

09/01/20

PRESIDENTE DA REPÚBLICA DE CABO VERDE FELICITA O NATAL À COMUNIDADE IMPLICADA NO MODELO BURELA

Conforme o habitual após a visita a Burela realizada no mês de março de 2017, o Presidente da República de Cabo Verde e a sua esposa cumprimentaram no passado mês de dezembro a comunidade implicada na intervenção educativa Modelo Burela.

Com um quadro intitulado "Família", da autoria do pintor Kiki Lima na capa, o cartão de Natal inclui também um poema de Jorge Carlos de Almeida e Fonseca (Presidente da República).
Capa do cartão de natal. O título da pintura é "Família" e o seu autor é Kiki Lima


Kiki Lima (Euclides Eustáquio Lima)

Nascido na ilha de Santo Antão (1953), iniciou-se nas artes plásticas em 1969 e ingressou na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa (1985) para cursar Desenho de Comunicação. A sua obra alcançou sucesso em numerosas exposições realizadas em vários países.
Poema de Jorge Carlos Fonseca

Jorge Carlos de Almeida e Fonseca

Para além de político, o 4º Presidente da República de Cabo Verde é jurista, professor universitário e reconhecido escritor. Como poeta figura em várias antologias literárias publicadas em Cabo Verde, Portugal, Brasil e Cuba e em diversas obras coletivas e de estudos literários. Em qualidade de ensaísta literário é conferencista sobre temas jurídicos, culturais, literários e políticos. É Doutor Honoris Causa pela Faculdade de Direito de Lisboa.

Votos de Feliz Natal e Próspero Ano Novo enviados polo Presidente da República e a Primeira Dama

Lígia Dias Fonseca

Nascida na cidade da Beira, em Moçambique, licenciou-se em Direito, pela Faculdade de Direito da Universidade de Lisboa (FDL). Trabalhou em Macau nas áreas de Assuntos Jurídicos e de Modernização Legislativa.
Desde 1991 exerceu a advocacia na cidade da Praia e foi a primeira Bastonária da Ordem dos Advogados de Cabo Verde, função para que foi eleita em 2001 e que exerceu até 2004.

Burela demanda justiça no caso Geovani

O estudante cabo-verdiano Luís Giovani foi barbaramente agredido a 21 de dezembro em Bragança, acabando por morrer 10 dias depois.

Segundo diversas fontes informativas, o jovem estudante de 21 anos tinha chegado a Portugal no mês de novembro para realizar o curso de Design de Jogos Digitais no Instituto Politécnico daquela cidade.

Entre os encontros de homenagem a Luís Giovani Rodrigues previstos para sábado, dia 11 de janeiro, um será realizado em Burela, a partir das 15:30 h, diante do Concelho da localidade.


Cartaz anunciador do Encontro Silencioso a celebrar em Burela
Formulário de assinaturas

Por iniciativa de Milton J. Monteiro, existe uma campanha destinada a pedir "celeridade e justiça no caso Geovani". Clique aqui para entrar no formulário.

07/01/20

EROSKI PARAÍSO RECALA DE NOVO NA MARIÑA

Despois do éxito colleitado en Compostela, Ferrol, Vigo, Lugo, O Barco de Valdeorras, Viveiro e Marín, recala de novo na Mariña Eroski Paraíso, o filme baseado na obra teatral de Chévere e protagonizado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias.



Despois do éxito como obra teatral, Eroski Paraíso deu o salto á grande pantalla da man dos directores Jorge Coira e Xesús Ron. O filme, unha produción de Chévere e Ollo Vivo, chegou en decembro aos cines galegos. As primeiras salas que o acolleron foron NUMAX (Santiago de Compostela), Duplex (Ferrol), Multicines Norte (Vigo), CODEX (Lugo), Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), Cines Viveiro (Viveiro) e Cines Seixo (Marín). Agora Eroski Paraíso tamén poderá verse en Cangas, A Coruña, Cee, A Rúa, As Pontes, Verín, A Pobra de Brollón, A Estrada e Ribadeo.

Na película nárrase a historia de Álex (Cris Iglesias), unha nova cineasta, que decide facer un filme sobre a historia dos seus pais. Eva (Patricia de Lorenzo) e Antonio (Miguel de Lira) coñecéronse na sala de festas Paraíso en 1989, casaron e tiveron unha filla. Agora están divorciados, levan anos sen verse e a antiga discoteca onde se coñeceron é un supermercado Eroski. O filme é o retrato dunha xeración que o tivo todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se recorrese o corredor dun supermercado, unha metáfora viva da transformación social que tivo lugar nos últimos 35 anos en España.

DO TEATRO AO CINEMA

Eroski Paraíso naceu como unha obra de teatro creada pola compañía Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) que, despois  dunha xira de varios anos por España e de máis de 30.000 espectadores, os directores Jorge Coira e Xesús Ron deciden converter en longametraxe.

O filme é unha comedia que explora a memoria colectiva, as voltas que dá a vida e a transformación das relacións nunha comunidade pequena. Baséase en historias reais que sucederon no Paraíso, unha famosa sala de festas de Muros que pechou en 1990 e que, ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os homes, se repetiu en infinidade de lugares de España onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización se volveron espazos de consumo. Esta é tamén unha historia de desarraigo: a historia de alguén que non parou en ningún sitio para volver ao mesmo punto de partida, coma se tivese estado parada no mesmo lugar mentres todo se transformaba ao seu redor.