OS CONTRABANDISTAS

24/12/22

ÉXITO POR PARTIDA DOBRE DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE "MODELO BURELA"

Dous estudantes do IES Perdouro conseguen o Premio Extraordinario ao Esforzo e a Dedicación na etapa do Ensino Secundario

 

O xornalista Marco Pereira, a fotógrafa Lucía Rivas e os estudantes universitarios Edilson S. Tavares e Érica Gomes Mendes teñen novos compañeiros que se valen do esforzo e a superación para encarar con éxito a formación académica, neste caso co apoio da iniciativa educativa de atención á diversidade Modelo Burela. Na convocatoria correspondente ao curso 2021-2022 acaban de conseguir estes premios outorgados pola Consellería de Educación dous estudantes que integraban unha lista de sete aspirantes do mesmo centro educativo, que sitúa outro aspirante no posto 21º (o primeiro que xa non está recompensado cos 1.000 euros de dotación).

 

Para alén do enorme mérito dos estudantes con premio e de todos os compañeiros que conseguiron alcanzar a titulación de ESO, neste caso concreto o éxito débese á interacción de varios axentes internos e externos á escola. Dentro do propio centro educativo, teñen un papel destacado a profesora María José Andión Fontenla, por ter sido a primeira Xefa de Estudos que fixo un enorme esforzo para a reorientación dos recursos humanos disponíbeis na dirección dunha atención á diversidade realmente inclusiva; e a profesora María José Pardiñas, que foi capaz de manter esa atención primeiro na Xefatura de Estudos e despois na Dirección do centro educativo. Fóra do ámbito escolar, teñen especial protagonismo neste éxito os servizos sociais municipais (coordinados por Conchi Pernas Díaz) e do centro de saúde (coordinados por Minda Lusquiños), polo seu apoio constante ás familias dos mozos e mozas en risco de exclusión e pola decisiva colaboración á hora de preparar os informes individualizados de cada unha das candidaturas ao premio.

 

Atención á diversidade

 

No momento presente, case todos os centros educativos reciben alumnado que presenta problemas para o avance curricular por tres grandes razóns: as limitacións socioculturais (a falta de medios no ámbito familiar), a escolarización desaxustada (absentismo ou desfase curricular) e as condicións de saúde ou funcionais. Para facer esta atención á diversidade, o  Modelo Burela propón unha unha alternativa marcada por catro características básicas: 1) unha singular organización horaria que combina a atención ao alumnado dentro e fóra dos grupos de referencia; 2) unha metodoloxía didáctica con grande peso da avaliación inicial, que sempre parte do nivel que presentan os alumnos e alumnas, sen perder o currículo oficial como referencia a alcanzar nun período de entre dous e catro cursos; 3) o apoio constante con material escolar e na interlocución cos servizos sociais; e 4) a superación das barreiras artificiais en materia lingüística interpostas polo sistema educativo.

Aínda que non sempre resulte posíbel ofrecer todas estas facilidades ao alumnado, mesmo unha aplicación parcial do sistema contribúe decisivamente para que os estudantes teñan posibilidades de alcanzar o éxito académico.

 

Chamada de atención para as próximas convocatorias 

Estes 20 premios outorgados pola Consellaría de Educación a case un centenar de solicitudes permiten ver a parte superior dun grande iceberg e o reto está en que este se faga máis emerxente. A invisibilización de parte do alumnado con especiais condicións persoais e de historial escolar  provoca que existan casos de éxito en que non se solicita este recoñecemento institucional dotado con diploma e premio económico de 1000 euros. Por iso é necesaria unha modificación das bases, que fan moi difícil a presentación das solicitudes ao centrar o proceso nunhas familias (que normalmente presentan un déficit de colaboración na educación dos seus fillos e fillas ou carecen das ferramentas necesarias para formular as peticións). 

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTAR

 

LIGAZÓN PARA A RESOLUCIÓN:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-121222-0002_gl.pdf

 

 

PROGRAMAS de RADIO

1)     https://proxectoneo.blogspot.com/2021/02/proxecto-neo-30810-radio-milladoiro.html  Programa de radio en que Yorel Ladra fala sobre o premio Trapero Pardo e Ádila Pereira fai a lectura dunha carta de amor.

2)     https://proxectoneo.blogspot.com/2022/05/proxecto-neo-34911-yorel-ladra.html

Yorel Ladra presenta a iniciativa audiovisual A Voz das Letras.

COLABORACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES

3)     http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/gurriaran?t=680. Audiovisual emitido pola TVG no día 17 de maio de 2022 como homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. Unha mostra da colaboración do Modelo Burela con outras entidades sociais, neste caso un medio de comunicacion.

4)     https://www.youtube.com/watch?v=yMuzzHruzZU&t=72s. Aquí medra o galego. Colaboración co Consello da Cultura Galega.

5)     https://www.youtube.com/watch?v=TREhLstiwnM&t=7s. Colaboración con Nós TV sobre neofalantes.

6)     https://www.youtube.com/watch?v=PMdeUM0qi0M&t=26s. Colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro da iniciativa 21 días co galego. A Atención á Diversidade Modelo Burela é protagonista deste espazo audiovisual.

7)     https://cadenaser.com/programa/2020/10/10/a_vivir_que_son_dos_dias/1602331108_578112.html Aspirantes ao premio ao esforzo son protagonistas do A Vivir que son dos días, de Javier del Pino (Cadena Ser)

 

EXPLICACIÓN EN REVISTAS DE PEDAGOXÍA

 

8)     https://www.edu.xunta.gal/eduga/1112/proxeccions/modelo-burela-atencion-diversidade

9)     https://rge.gal/paper/a-intervencion-educativa-modelo-burela/

 

 

ESTUDOS ESPECIALIZADOS

 

BIBLIOGRAFÍA XERADA

Basanta Val, Alicia. 2021. Educación dos caboverdianos e caboverdianas en Burela: integración, formación e abandono escolar.TFGTraballo presentado na Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Mestre/a de Educación Primaria.

Bermingham, Nicola. 2021. Language Ideologies and Transnational Migration: A Study of Cape Verdeans in Galicia. Languages 6:99. https://doi.org/10.3390/languages6020099

DePalma, Renée, and Antía Pérez-Caramés. 2018. Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super-Diversity. Edited by Renée De Palma and Antía Pérez-Caramés. Berlin: Springer.

Gil Cordido, Sara. 2020. Historias de la comunidad caboverdiana en Burela. De los dez graozinho di terra a la costa gallega. TFM en Periodismo Avanzado. Reporterismo presentado na Universidade Blanquerna – Ramon Llull, Barcelona.

López Vale, Aida. 2011. “Aplicación da metodoloxía do "modelo Burela" no Vicedo: un novo éxito desta estratexia normalizadora”, in Lingua e sanidade, VII Xornadas sobre lingua e usos (2011. A Coruña), Xesús M. Mosquera Carregal (ed.). A Coruña: Universidade da Coruña, 2011, p. 159-167. ISBN: 978-84-9749-479-3

Martínez  García, María. 2021. Voces ausentes no currículo: unha análise crítica a través da poboación caboverdiana de Burela. TFM de Psicopedagoxía presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Penabade, Bernardo. 2011. "A normalización lingüística na sanidade: a estratexia "modelo Burela", in Lingua e sanidade, VII Xornadas sobre lingua e usos (2011. A Coruña), Xesús M. Mosquera Carregal (ed.). A Coruña: Universidade da Coruña, 2011, p. 149-157. ISBN: 978-84-9749-479-3
Tomado de:
 http://ruc.udc.es/bitstream/2183/8891/1/CC121art11.pdf

Penabade, Bernardo. 2011. “Ricardo Carvalho Calero: planificador da língua galega”, in  Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, 2011: 147-156. ISBN: 978-84-9749-475-5. 

Penabade, Bernardo. 2018. “The Neo Project: An Educational Radio Program to Promote Social Cohesion”, in DePalma, Renée, and Antía Pérez-Caramés. 2018. Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super-Diversity. Edited by Renée DePalma and Antía Pérez-Caramés. Berlin: Springer.

San José Ovejero, Natalia. 2021.  Los centros educativos como contenedores culturales. La creación de un proceso innovador de participación de la comunidad escolar en el conocimento. Máster Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y  Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanza  de Idiomas. Universidad Nebrija.

ESTUDOS EN REALIZACIÓN

FOLGUEIRA, D.: Developing Cultural Integration trought languages. A study of Burela Model in a Multilingual Galician Port. (Univ. Londres)

REDES SOCIAIS ESPECÍFICAS

Blogue do programa: www.modeloburela.blogspot.com

Perfil de Facebook: https://www.facebook.com/modeloburela/

Blogues dos programas: www.proxectoneo.blogspot.com e www.grandesvozes.com

Perfís de Facebook: https://www.facebook.com/proxecto.neo.3 (perfil); https://www.facebook.com/groups/proxectoneo/ (grupo); https://www.facebook.com/proxectoneoenfotos/ (crónica fotográfica)

https://www.facebook.com/vozesmundo/

Perfil de Twitter: https://twitter.com/ProxectoNeo

Perfil de Instagram: https://www.instagram.com/proxectoneo/

Radio á carta:

Proxecto Neo:

https://www.ivoox.com/podcast-podcast-proxecto-neo_sq_f1131749_1.html

Grandes Vozes: https://www.ivoox.com/en/podcast-grandes-vozes-do-nosso-mundo_sq_f1139260_1.html

 

Proposta reivindicativa do Modelo Burela de Atención á Diversidade

 

O Modelo Burela de Atención á Diversidade implica cambios tanto na metodoloxía didáctica (dentro das aulas) como na xestión dos centros en materia de organización dos recursos humanos.

Estes son os puntos principais da metodoloxía didáctica:

 1.- Aplicación dun protocolo de atención durante a acollida ao centro, co obxectivo central de evitar unha situación de bloqueo.

2.- Avaliación inicial durante un período mínimo dunha semana e realizado, sempre, na lingua inicial do alumno ou nunha lingua coa que tivese algún contacto escolar (castelán, francés ou portugués) e con contidos relacionados co país de procedencia.

3.- En función da avaliación inicial tanto de nivel como de actitude, inclusión en curso e grupo; e comunicación cos servizos sociais, se fose o caso (moi especialmente en relación con alimentación, sanidade e documentación burocrática).

4.- Durante un período transitorio (como mínimo dun curso), combinación da atención específica coa inclusión en grupos de referencia.

5.- Aplicación dunha adaptación curricular específica para alumnado estranxeiro, partindo de contidos universais (Matemáticas e Coñecemento do Medio Natural e Social) procurando sortear as barreiras lingüísticas.

 

Xunto coas estratexias de tipo didáctico, para que unha Atención á Diversidade sexa recoñecida como Modelo Burela resultan  imprescindíbeis tamén estas medidas organizativas e de xestión:

1.- Que a dirección do centro a recoñeza e a teña en conta na distribución dos recursos humanos e na programación das actividades complementarias.

2.- Que, como mínimo, se lle dedique -a tempo parcial- un mínimo de dous docentes con plurilingüismo activo (un para o ámbito social e outro para o ámbito científico).

3.- Que unha desas persoas teña tamén dedicación tutorial específica tanto para o alumnado como para as súas familias.

4.- Que a Comisión Pedagóxica aprobe as propostas dos diferentes seminarios para consensuar uns criterios de avaliación e promoción que teñan en conta os puntos de partida e as metas alcanzadas por este alumnado.

 

Sem comentários:

Enviar um comentário