OS CONTRABANDISTAS

30/05/23

LEMBRANZA DE ADELINA FERNÁNDEZ GARCÍA (2016-2023)

Epitafio en recordo de Adelina Fernández García (1958-2016). Licenciada en Ciencias Químicas,
traballou na área de xestión administrativa do Hospital da Mariña. Por iniciativa súa, puxéronse en
idioma galego a rotulación interior e os menús.


Cúmprense sete anos (2016-2023) desde que Adelina Fernández García, activista da cultura galega, descanse para a eternidade no cemiterio de Morás. Por iniciativa da súa familia, en data de 28 de maio de 2016, entrou naquel recinto o idioma galego escrito e fíxoo cun fragmento do poema que Manuel Curros lle dedicou a Rosalía de Castro. 

Neste mesmo mes de maio de 2023, o filólogo Sergio Rivas Insua visitou o cemiterio de Morás e realizou unha visualización seguindo as indicacións do Modelo Burela. Sete anos despois, a inscrición de lembranza a Adelina aínda non se converteu en referente para outras novas. Temos claro que ese momento chegará.

Este é o panorama presente en Morás:

Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

MORÁS

44

1 (2 %)

 2016

 0

28/05/23

Sergio Rivas Insua


Esta é a información que lle dedicamos ao día seguinte de ser colocada a lápida (29/05/2016): clique aquí

Nos primeiros minutos deste vídeo aparece Adelina Fernández García explicando as iniciativas normalizadoras que realizou no Hospital da Mariña.



29/05/23

A LINGUA DO NENO CANTOR

Na estrada da Coruña, tomando á esquerda pouco depois do polígono do Tambre (a pouca distancia de Sigüeiro), está unha das freguesías do rural de Santiago de Compostela: Nemenzo, topónimo do gosto de Eduardo Pondal.

No adro da igrexa de Nemenzo descansa o Neno da Pedra, que tamén é coñecido como o Neno Cantor. De cariña redonda, con expresión de moita viveza e un leve sorriso picarón, tan ilustre rapaciño xa anda polos 830 anos, repartidos entre dous asentamentos: o primeiro na catedral de Santiago, onde o colocou o Mestre Mateo, e o segundo a aldea da Pedra -en Nemenzo- para onde foi levado pouco depois de 1600.

O pobre Neno da Pedra estaba triste porque todas as palabras que ouvía das súas numerosas visitas terminaban por fuxir co vento. Agora non esconde o sorriso; a tendencia mudou. As palabras do seu idioma están escritas sobre a pedra e non escapan. El mesmo é capaz de as ler, mesmo estando sentado na base do cruceiro.

Seis familias tomaron a batuta e marcan tendencia restauradora desde os panteóns do cemiterio local. Esta é a panorámica que o Modelo Burela documentou no mes de setembro do ano pasado:

Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

NEMENZO

120

6  (5 %)

 En estudo

 0

17/09/22

Modelo Burela

As inscricións funerarias do cemiterio de Nemenzo, situado no lugar da Pedra, en pleno adro da igrexa de Santa Cristina, mostran a tendencia emerxente do uso do idioma galego neste ámbito. 


28/05/23

PALABRA E MEMORIA NAS OIRAS (ALFOZ)

As Oiras é unha freguesía do concello de Alfoz. Está situada entre Figueiras (de Mondoñedo) e Lagoa, Adelán e O Pereiro, no mesmo termo municipal. Agora mesmo conta con pouco máis de 50 habitantes distribuídos en 15 aldeas diferentes.

O profesor Carlos Fraga Celeiro visitou o cemiterio e fixo a recollida de información seguindo as indicacións do Modelo Burela.

Estes son os resultados:

Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

AS OIRAS

64

5  (8 %)

 En estudo

 0

27/05/23

Carlos Fraga

                             Inscricións dedicadas a Xusta de Río e Manuel Carreiras. Están no cemiterio 
                             das Oiras, en Alfoz. A fotografía foi tomada por Carlos Fraga.

23/05/23

PALABRA E MEMORIA: Información de Parga e outras parroquias de Guitiriz

 

Identificación de propiedade dun dos panteóns do cemiterio parroquial 
de San Breixo (Guitiriz).

Este excelente epitafio está localizado no cemiterio parroquial de San Breixo (Guitiriz). Unha vez que mudou a tendencia, cada mes aparecen novas inscricións feitas en idioma galego. 


Con motivo do estudo realizado por Raúl Río nos Vilares, a iniciativa Modelo Burela realizou un traballo de visualización noutras parroquias do termo municipal de Guitiriz. Damos a coñecer agora ao público os resultados obtidos nas visitas a San Breixo, Parga e Tras-Parga.

Animamos a nosa audiencia a participar nesta tarefa colaborativa e reiteramos a nosa disposición para publicar os dados estatísticos doutros lugares.

Parroquia

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

SAN BREIXO

69

2  (2'9%)

 

 1

23/04/23

Modelo Burela

PARGA

214

9 (4%)

 

 

23/04/23

Modelo Burela

TRAS-PARGA

133

2 (1'5%)

 

 

23/04/23

Modelo Burela

18/05/23

Palabra e Memoria: Información das freguesías do termo municipal de Friol

 


 

Parroquia

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

 

ANAFREITA

122

0

 

 

2019

XEMA

ANXERIZ

170

1

 

 

2019

AURORA

BRÁ

76

6

 

 

2019

AURORA

CARBALLO

98

5

 

 

2019

ESPIÑO

CARLÍN

40

0

 

 

2019

AURORA

COTÁ

62

0

 

 

2019

MAR E MARCELO

FRIOL

220

7

 

 

2019

LOLI

GUIMAREI

33

0

 

 

2019

CONCHA

GULDRIZ

26

0

 

 

2019

LOLI

LAMAS

34

0

 

 

2019

ANA HERMIDA

LEA

58

3

 

1

2019

ANA HERMIDA

MADELOS

28

0

 

 

2019

ANA HERMIDA

MIRAZ

153

0

 

 

2019

AURORA

NARLA

110

3

 

 

2019

CONCHA

NODAR (SAMEDE)

153

4

 

 

2019

LOLI

O PACIO

209

0

 

 

2019

ISABELLE

OUSÁ

394

2

 

 

2019

MAR E MARCELO

PRADO

0

 

 

2019

ANA CASTRO

RAMELLE

54

1

 

1

2019

ANA HERMIDA

ROCHA

53

0

 

 

2019

ANA HERMIDA

ROIMIL

97

1

 

 

2019

LOLI

SAN CIBRAO DE
PREGACIÓN

39

1

 

 

2019

LOLI

SAN MARTIÑO
DE CONDES

596

7

 

 

2019

ANA CASTRO

SANTALLA
DE DEVESA

212

3

 

 

2019

MAR E MARCELO

SEIXÓN

2

 

 

2019

XEMA

SEOANE
DA PREGACIÓN

176

2

 

 

2019

ISABELLE

SERÉN

34

4

 

1

2019

LOLI

SILVELA

63

0

 

 

2019

ESPIÑO

TRASMONTE

262

0

 

 

2019

AURORA

VILAFIZ

87

0

 

 

2019

LOLI

VILALVITE

168

1

 

 

2019

JESÚS

XIA

134

3

 

2

2019

LOLI