OS CONTRABANDISTAS

30/05/23

LEMBRANZA DE ADELINA FERNÁNDEZ GARCÍA (2016-2023)

Epitafio en recordo de Adelina Fernández García (1958-2016). Licenciada en Ciencias Químicas,
traballou na área de xestión administrativa do Hospital da Mariña. Por iniciativa súa, puxéronse en
idioma galego a rotulación interior e os menús.


Cúmprense sete anos (2016-2023) desde que Adelina Fernández García, activista da cultura galega, descanse para a eternidade no cemiterio de Morás. Por iniciativa da súa familia, en data de 28 de maio de 2016, entrou naquel recinto o idioma galego escrito e fíxoo cun fragmento do poema que Manuel Curros lle dedicou a Rosalía de Castro. 

Neste mesmo mes de maio de 2023, o filólogo Sergio Rivas Insua visitou o cemiterio de Morás e realizou unha visualización seguindo as indicacións do Modelo Burela. Sete anos despois, a inscrición de lembranza a Adelina aínda non se converteu en referente para outras novas. Temos claro que ese momento chegará.

Este é o panorama presente en Morás:

Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

MORÁS

44

1 (2 %)

 2016

 0

28/05/23

Sergio Rivas Insua


Esta é a información que lle dedicamos ao día seguinte de ser colocada a lápida (29/05/2016): clique aquí

Nos primeiros minutos deste vídeo aparece Adelina Fernández García explicando as iniciativas normalizadoras que realizou no Hospital da Mariña.



Sem comentários:

Enviar um comentário