O 30 de abril de 2012 a empresa Ximnasio Breogán e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro asinamos un convenio de colaboración destinado á difusión do Modelo Burela nas actividades desenvolvidas por esta empresa.
30/04/12
Ximnasio Breogán - empresa Modelo Burela
"Modela Burela" : Visita do Secretario Xeral de Política Lingüística
O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA FAI UN "CHEQUEO" AO MODELO BURELA
Valentín García 
participou nunha sesión de dinamización lingüística e reuníuse cos 
diversos sectores sociais implicados nesta iniciativa cultural 
O
 Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia visitou 
Burela para coñecer en profundidade o desenvolvemento do programa de 
integración intercultural "Modelo Burela", impulsado pola área de 
innovación educativa do Instituto Perdouro, en colaboración con outros 
centros educativos da Mariña e co propio Concello de Burela, que aprobou
 un Proxecto de Planificación Lingüística en abril de 2008.
O
 pasado luns, día 30 de abril, Valentín García Gómez foi recibido ás 
16:00 horas no Instituto Perdouro polo director do centro, Juan G. Sama,
 e pola coordinadora da área de innovación, María José Andión Fontela. 
Seguidamente coñeceu persoalmente o profesorado implicado no Proxecto de
 Innovación Educativa, que recibiu por quinta vez consecutiva un dos 
premios outorgados pola Consellería de Educación en colaboración con 
Política Lingüística e que este ano traballa no impulso do comercio e a 
empresa locais.
No propio IES Perdouro, o Secretario Xeral asistiu á proxección de Txalapartaris no Eido Dourado. O
 audiovisual, que recolle fragmentos dunha actuación de músicos que 
acompañan habitualmente a Kepa Junquera, foi presentado polo seu autor, o
 fotógrafo Javier Sánchez, quen animou o público a visitar o museo do pintor Celso Dourado en Barreiros.
Fóra
 do recinto escolar, Valentín García visitou diversas entidades 
comerciais da localidade, acompañando unha sesión de dinamización 
lingüística realizada por profesorado e alumnado dos institutos de 
Burela. A primeira parada foi nos locais do Ximnasio Breogán, onde a comitiva puido visualizar en primicia os primeiros resultados da montaxe dun videoclip
 de homenaxe ao célebre grupo musical "Os Resentidos", un produto 
musical que recolle traballos de dous grupos musicais da Mariña -Orquestra Alma Latina (Burela); e Safari Orquestra (Lourenzá)- e que proximamente se presentará ao público xeral en diversas localidades galegas.
A
 xornada finalizou co encontro dos participantes na sesión educativa cos
 responsables da ACIA local, que aproveitaron para explicarlle os seus 
proxectos ao Secretario Xeral  de Política Lingüística ao tempo que lle 
fixeron entrega dun arquivo que recolle mostras das numerosas 
actividades realizadas por esta asociación desde que foi revitalizada.
Modelo Burela
O
 coñecido “Modelo Burela” de Planificación Lingüística constitúe xa todo
 un referente no ámbito da dinamización lingüística no ensino. O IES 
Perdouro botou a andar o proxecto no curso académico 2005-2006 e foi 
precisamente no presente curso 2011-2012 un dos cinco aos que a 
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través 
da Secretaría Xeral de Política Lingüística- lles outorgou cadanseu 
premio de innovación en dinamización lingüística, no marco da 
convocatoria anual de Cultura e Educación dirixida ao fomento do 
desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que impliquen o uso 
da lingua galega e o coñecemento da cultura de Galicia.
O “Modelo Burela” busca dinamizar a lingua galega desde a adquisición da competencia lingüística do alumnado en tres idiomas: galego, castelán e unha terceira lingua internacional. Durante este curso académico, o proxecto chega aos seis cursos en desenvolvemento e dá novos pasos coa posta en marcha iniciativas dinamizadoras no comercio e na empresa local.
O “Modelo Burela” busca dinamizar a lingua galega desde a adquisición da competencia lingüística do alumnado en tres idiomas: galego, castelán e unha terceira lingua internacional. Durante este curso académico, o proxecto chega aos seis cursos en desenvolvemento e dá novos pasos coa posta en marcha iniciativas dinamizadoras no comercio e na empresa local.
Proxecto Neo
No
 marco do "Modelo Burela" desenvólvese, desde o mes de xaneiro,  
"Proxecto Neo", a nova iniciativa radiofónica sobre a lingua galega  
impulsada desde o IES Perdouro, en colaboración con Radio Burela. O  
programa, que se centra na integración lingüística das persoas  
neofalantes, emítese cada mércores en horario de 17:00-18:00 horas e  
está dirixido e conducido por Bernardo Penabade, profesor de Lingua  
galega e literatura no instituto burelao e coordinador do "Modelo  
Burela". Tamén conta con emisión a través de Internet e con presenza nas
  redes sociais.
Subscrever:
Comentários (Atom)
