![]() |
| Alejandro Ramos en plena xornada de teletraballo con estudantado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos dos centros de ensino de Asturias |
24/01/21
Mestrado de Educación Intercultural
08/01/21
ESPECIAL RICARDO CARVALHO CALERO (PROGRAMA EXPANSIVO)
|
|
A ESTA HORA COMEÇA ESPECIAL CARVALHO CALERO Um programa de didática expansiva produzido polo IES do Milladoiro com a colaboraçom doutras trinta comunidades educativas repartidas por toda a geografia galega |
|
MÚSICA DA CABECEIRA |
|
||
|
|
LOC: Olá, olá, olá Bem-vindas, bem-vindos a este programa Especial
Ricardo Carvalho Calero. Em nome de toda a equipa que o faz possível,
recibide o saúdo de Bernardo Penabade, do Instituto Perdouro; e de Matias
Nicieza, aos mandos da nave em Rádio Burela. |
||
|
MÚSICA da CAB. |
|
||
|
|
LOC: Nos seguintes minutos, faremos animaçom à leitura tomando como base a obra do escritor a quem dedicamos a celebraçom das Letras Galegas. Teremos ocasiom de ouvir recitados de poesia, fragmentos de artigos de jornal ou de ensaios, episódios narrativos e mesmo teatro radiado. A meta fundamental é: 1) dar voz a todas as comunidades educativas; e 2) ter umha representaçom de todos os géneros cultivados polo escritor nascido na cidade de Ferrol. |
||
|
MÚSICA CABECEIRA |
|
||
|
|
LOC: Depois desta música, começamos. E
começamos pola casa, polo IES Perdouro, onde secundamos a chamada que nos
chegou desde o Milladoiro, às portas de Compostela. Abrimos o programa com esta chamada à coerência, que ouvimos na voz
da nossa companheira Noémy Cardoso, que nos traz a sonoridade da nossa língua
com sotaque do Atlántico africano. |
||
|
ÁUDIO1 |
NOEMI CARDOSO (ENSAIO) |
||
|
|
LOC: Do ensaio passamos à poesia. E de Burela viajamos à Guarda. A
primeira mostra da poesia de Carvalho Calero chega-nos do Instituto da
Sangrinha. MANS é o título do poema. |
||
|
ÁUDIO2 |
POEMA 3 (1:07) |
||
|
|
LOC: Continuamos com recitado de poesia, desta vez com umha voz mui jovem
que nos chega desde o Instituto da Ponte Pedrinha, em Santiago de Compostela:
“Enviarei-che umha cançom”. |
||
|
ÁUDIO3 |
PONTE PEDRINHA (0:26) |
||
|
|
LOC: Da Ponte Pedrinha compostelana, viajamos a Baio -no Concelho de
Sás-, para desfolharmos a eterna margarida. |
||
|
ÁUDIO4 |
BAIO (0:21) |
||
|
|
LOC: A vida de Carvalho Calero estivo marcada pola orfandade pola via
materna. Agora mesmo escuitamos o recitado dum poema em que a mãe ainda
estava viva. O recitado é dunha massa coral do IES do Milhadoiro. |
||
|
ÁUDIO5 |
POESIA MILHADOIRO 22 ( ) |
||
|
|
LOC: Consumada a orfandade, o sentimento de madurar prematuramente e
à força está presente neste poema que nos recita o galego-brasileiro Thiago
da Silva, desde o Instituto Isidro Parga Pondal de CARVALHO. |
||
|
ÁUDIO6 |
PARGA PONDAL 9 (0:21) |
||
|
|
LOC: Finalizamos este primeiro bloco em GINZO da LÍMIA, con outro
coro de vozes que dam passo à música dos Clásicos Libres, a banda ganhadora
do certame Musicando Carvalho Calero. |
||
|
ÁUDIO7 |
GINZO 1: (os primeiros vinte
segundos) |
||
|
MÚSICA 1 |
|||
|
|
LOC: Entramos agora na etapa dos estudos na Universidade de Santiago de Compostela. Recordam-no-lo desde o Instituto Pedra da Águia de Camarinhas: |
||
|
ÁUDIO8 |
Camarinhas: 2 4 |
||
|
|
LOC: No Seminario de Estudos Galegos, Carvalho consolidou o uso da
língua galega. Ouvimo-lo em “Língua matricial” e “língua filial”. A voz é do
Instituto Xelmírez 2 de Santiago. |
||
|
ÁUDIO9 |
ENSAIO 12: (0:55) |
||
|
|
LOC: No mesmo Seminario de Estudos Galegos, reafirmou as ideias
reintegracionistas que conhecera sendo neno em Ferrol, através do seu
professor Nicolás Garcia Pereira. // Massa coral do Instituto Marco de
Cambalhom de Vila de Cruzes. |
||
|
ÁUDIO10 |
Ensaio 14: (2) |
||
|
|
LOC: Em resumo, como nos recordam do IES de ARÇUA, Ricardo Carvalho
Calero -neofalante de Ferrol- defendia: 1) a fala e a escrita em galego; e 2)
Em bom galego. |
||
|
ÁUDIO11 |
IES de ARÇUA: 12 (1:18) |
||
|
|
LOC: Depois destes fragmentos de ensaio, recuperamos a poesia.
Fazemo-lo com umha singular cantiga de amigo, que faz ponte entre o século
XII e o final do século XX. O recitado chega do Insituto Aquis Celenis, de
Caldas. |
||
|
|
Poesia 24
(1:52) |
||
|
ÁUDIO12 |
LOC: Subimos de Caldas e cruzamos o país para chegarmos à localidade
de partida: o Monte Castelo de Burela. Desde esse Monte, Nausica é capaz de albiscar a Ilha de Avalon. |
||
|
|
BURELA (Só até 0:40) |
||
|
ÁUDIO13 |
LOC: Talvez ali em Avalon tenhamos a fortuna de dialogar com o infortunado Tristán, do que andam à busca
no Instituto Xelmírez I. |
||
|
|
XELMÍREZ: 32 |
||
|
ÁUDIO14 |
LOC: Localizado Tristán, encerramos este segundo bloco de poesia em
conversa com “Maria Silêncio”, a quem localizamos no Monte das Moas, na
Corunha. |
||
|
|
POESIA 7 (1:11) |
||
|
MÚSICA 2 |
|||
|
|
LOC: “Maria Silêncio”. Primeiro na voz do alunado do Monte das Moas e
agora mesmo na música da angolana Aline Frazão. |
||
|
|
LOC: Retomamos agora o cultivo da prosa. Antes de mais nada cun texto
ensaístico: o prólogo da História da Literatura Galega Contemporánea.
IES Nº 1 de RIBEIRA: |
||
|
ÁUDIO15 |
PROSA NOM LIT: 1 (1:50) |
||
|
|
LOC: Continuamos com este outro fragmento que nos enviarom desde o
Instituto do Milhadoiro. |
||
|
ÁUDIO16 |
PROSA NL: 4 (0:54) |
||
|
|
LOC: Depois de nos adentrarmos na crítica literária, agora vemos
umhas mostras da narrativa do próprio Carvalho Calero: “As pitas baixo a
choiva”. |
||
|
ÁUDIO17 |
NARRATIVA: (2:55) |
||
|
|
LOC: Agora é o momento da Gente da Barreira. Abrimos o
primeiro romance da posguerra, com a leitura que nos enviarom desde o
Instituto de Negreira: |
||
|
ÁUDIO18 |
GENTE 1: 5 (0:50) |
||
|
|
LOC: De Negreira passamos a Noia, com a gente da Barreira como
acompanhantes. |
||
|
ÁUDIO19 |
GENTE 3: (0:40) |
||
|
|
A gente da Barreira viaja agora a Cacheiras. |
||
|
ÁUDIO20 |
GENTE 11: DE 1:02 a 1:31 |
||
|
|
LOC: Deixamos a gente da Barreira papando umhas tortilhas em
Cacheiras e passamos agora a umha panorámica do Scórpio. Som as
leituras dos Institutos Xelmírez 1 e Pedra da Águia. |
||
|
ÁUDIOS 21 e 22 |
XELMIREZ 2: (1:25) PEDRA 1: (1:29) |
||
|
MÚSICA 3 |
|||
|
|
LOC: “Eu nom sei se matei”. Música de Ruxe Ruxe. Com ela viajamos a
Foz, para ouvirmos un fragmento do teatro de Carvalho Calero. Começamos coa Farsa
das Zocas. |
||
|
ÁUDIO 23 |
FOZ |
||
|
|
LOC: E de Foz cruzamos outra vez de Leste a Oeste para chegarmos a
Boiro, onde representam o Auto do Prisioneiro. |
||
|
ÁUDIO 24 |
BOIRO |
||
|
|
LOC: Depois deste teatro radiofónico, recuperamos brevemente a
poesia. Primeiro indo a um parque de
Ribeira, perto do Instituto Leliadoura. |
||
|
ÁUDIO 25 |
POESIA15 |
||
|
|
LOC: E continuamos ao ladinho do mar em Muros: |
||
|
ÁUDIO 26 |
FONTEXERÍA: Esculca 10 |
||
|
|
LOC: Da Ria de Muros viajamos terra adentro, mas recordamos o mar com
este poema dedicado aos homens e mulheres que nele trabalham: Rebeca do
Instituto de AMES. |
||
|
ÁUDIO 27 |
AMES 35 |
||
|
|
LOC: Já que estamos en Ames, viajamos a Compostela para passar a
noite, antes dum novo dia. O convite é do Instituto Antón Fraguas, das
Fontinhas. |
||
|
ÁUDIO 28 |
POESÍA 5 |
||
|
|
LOC: Entramos já na recta final do programa. Fazemo-lo recuperando a
maneira como o professor nos falava de Rosalia de Castro, Pondal e Ramom Outeiro
Pedraio e Castelao. As leituras som dos Institutos do Caraminhal, Cabana de
Bergantinhos e Vilagarcía e Rianxo: |
||
|
ÁUDIOS 29, 30, 31 e 32 |
PÓVOA: ROSALÍA: NOM 1 PROSA NOM LIT4 Castro Alobre Outeiro Pedraio NOM 2 |
||
|
|
LOC: Chegamos ao final. |
||
|
|
Tras este percorrido pola obra de Ricardo Carvalho Calero, deixamos
que seja ele mesmo quem viaje a Ferrol pola Ponte das Pias. O percorrido que iniciamos em Burela com voz caboverdiana finaliza no
berce do escritor com esta voz que nos chega desde o Colégio Antonio Faílde
de Coles, nas terras ourensás. |
||
|
COLES |
||
|
SINTONÍA DE SAÍDA |
|
||
|
RÁFAGA |
|
30/12/20
EXPOSICIÓN "PALABRA E MEMORIA DE RINLO"
Inspirada nunhas simples anotacións feitas segundo o método de traballo "Modelo Burela", Rosana Posada Expósito tomou a iniciativa de mostrar ao público o patrimonio documental da igrexa e o cemiterio da parroquia de Rinlo, no concello de Ribadeo.
Coincidindo cunha visita á familia, realizou a primeira tarefa: na igrexa fixo dúas fotografías (a dunha placa colocada no ano 1993 en homenaxe ao sacerdote Alfonso Pampín e a doutra que recorda a construción e a restauración dunha embarcación votiva existente no templo) e despois achegouse ao cemiterio, fixo unha visualización xeral dos epitafios e tomou media ducia de fotografías dos máis significativos.
Consciente do valor dos documentos reunidos, Rosana Posada reuniuse co cura párroco de Rinlo -José Boullosa Canda- e propúxolle facer unha exposición na igrexa, exposición que quedou axendada para o día 27 de decembro, coincidindo coa época de reencontro das familias durante as festas do Nadal.
Durante a semana, a promotora da exposición aproveitou as novas tecnoloxías (especialmente o whatsapp e o correo electrónico) e púxose en comunicación coas diferentes familias implicadas para comentarlles a idea da mostra e para pedirlles uns breves textos sobre as circunstancias en que estes foron feitos (autoría, data, acollida, etc). Simultaneamente, imprimiu as fotografías e as súas correspondentes explicacións e concertou con Matías Nicieza a gravación do acto e a realización dunha sinxela reportaxe audiovisual que deixe constancia para o futuro tanto dos materiais recollidos como das persoas implicadas e da posta en escena da iniciativa.
Finalmente, na tarde do sábado desprazouse de novo a Rinlo e fixo unha sinxela montaxe da exposición: sobre unha rede mariñeira reutilizada combinou as fotografías cos seus respectivos textos explicativos elaborados por cada unha das familias protagonistas da mostra, inaugurada durante a mañá do día seguinte en presenza do párroco e dunha nutrida representación veciñal.
Rosana Posada Expósito, a impulsora desta iniciativa de dinamización cultural levada a cabo en Rinlo, apostou por un proceso rápido e simple, ao alcance de calquera persoa que desexe facer o mesmo no seu ámbito máis inmediato.
INFORMAÇOM COMPLEMENTAR
Información no portal O MEU POBO DE RINLO
A noticia no CRÓNICA3 e no Xornal da Mariña
A historia do San Pedro Mariñeiro ou o San Pedro Negro (La Voz de Galicia)
As visitas á exposición (Portal Galego da Língua)
28/12/20
CLAUSURADA A MOSTRA "DON RICARDO DE FINGOI" NO MUSEO ÁLVARO CUNQUEIRO DE MONDOÑEDO
O proxecto DON RICARDO DE FINGOI foi promovido polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega, o Colexio Fingoi e familia do escritor.
Mondoñedo (Lugo), 27 de decembro de 2020.- A exposición Don Ricardo de Fingoi foi clausurada na Casa Museo Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o escritor Xulio Xiz, en representación do colectivo organizador Egeria; a deputada autonómica Elena Candia, e o alcalde do Concello de Mondoñedo, Manuel Otero, así como de outros membros da corporación. No acto participaron os netos do homenaxeado Faustino e Margarita Cela, acompañados das súas familias, o especialista no escritor e amigo da familia Bernardo Penabade e o Presidente da Asociación do Camiño Norte, José Luis Fernández Ansedes.
A exposición forma parte do proxecto do mesmo título que comprende a web www.carballocaleroenlugo.org, o catálogo cos contidos íntegros da Mostra, e o libro CARBALLO CALERO EN LUGO-DON RICARDO DE FINGOI, no que participan unha trintena de antigos/as alumnos/as de Carballo no Colexio Fingoi de Lugo.
A mostra sobre o autor, a quen este ano se dedicou o Día das Letras Galegas, reflicte a través de 13 paneis, os quince anos de Carvalho Calero en Lugo, de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi. Trátase dunha exposición itinerante que trala súa inauguración en Lugo, no Colexio Fingoi, o pasado 15 de xaneiro, co obrigado descanso pola pandemia, foi visitando vinteoito cidades (Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo...) e capitais de concello e centros educativos da provincia, nun proxecto do Colectivo Egeria, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
26/12/20
INICIATIVA DE EDUCACIÓN SOCIAL EN RINLO
A exposición, que tributa homenaxe ao sacerdote Alfonso Pampín e ao escritor Carvalho Calero, está aberta desde as 11.00 horas do día 27 de decembro.
![]() |
| Horarios de visita da exposición. Para visitas guiadas á exposición e ao patrimonio do templo, recoméndase a visita concertada |
![]() |
| Placa que lembra a construción e a restauración da embarcación rinlega |
22/12/20
DIDÁCTICA EXPANSIVA EN HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO
"Amigo, sem necessidade de incentivos crematísticos" -en adaptación dun poema do propio escritor-, a leitura expansiva intercentros para divulgar a obra de Ricardo Carvalho Calero "Aos Quatro Ventos" é xa unha realidade. A idea naceu no IES do Milladoiro e o convite rapidamente circulou pola rede e comezaron os traballos nas diferentes comunidades educativas, entre elas a do IES Perdouro de Burela . Finalmente, ese traballo concretizouse no envío de arquivos audiovisuais desde estes 31 centros:
1) CPI Antonio Failde, de Coles
2) CPI AS Revoltas, de Cabana de Bergantiños
3) IES de Ames, de Bertamiráns
4) IES Antón Fraguas, de Santiago
5) IES Aquis Celenis, de Caldas
6) IES de Arzúa
7) IES Blanco Amor, de Culleredo
8) IES A Cachada, de Boiro
9) IES Cacheiras, Teo
10) IES Castro Alobre, de Vilagarcía
11) IES Cidade de Antioquía, de Xinzo
12) IES Félix Muriel, de Rianxo
13) IES Fontexería, de Muros
14) IES de Foz
15) IES Isidro Parga Pondal, de Carballo
16) IES Leliadoura, de Ribeira
17) IES Marco de Camballón, de Vila de Cruces
18) IES Maximino Romero de Lema, de Baio
20) IES Monte Castelo, de Burela
21) IES Monte das Moas, da Coruña
22) IES Número 1, de Ribeira
23) IES Pedra da Aguia, de Camariñas
24) IES Perdouro, de Burela
25) IES do Caramiñal
26) IES Pontepedriña, de Santiago
27) IES A Sangriña, da Guarda
28) IES Virxe do Mar, de Noia
29) IES Xelmírez I, de Santiago
30) IES XElmírez II, de Santiago
31) IES Xulián Magariños, de Negreira
No programa de radio tentamos recoller unha panorámica das diferentes gravacións, procurando un resultado final que ofrecese unha visión global da obra do escritor homenaxeado. Obviamente, a audiencia debe ter en conta as limitacións técnicas provocadas polo contexto sanitario.
Se este programa chega a ser unha porta aberta para coñecer máis en profundidade o que foi a realidade da didáctica expansiva, teremos cumprido o noso obxectivo fundamental.
CLICA AQUÍ PARA VER E ESCOITAR O REPOSITORIO COMPLETO
14/12/20
BEATRIZ PENEDOS, COLABORADORA DO MODELO BURELA DESDE LISBOA
O programa radiofónico Proxecto Neo entrevistou unha nova colaboradora do Modelo Burela. Chámase Beatriz Penedos (Coimbra, 1998) e é estudante de Estudos Portugueses e Lusófonos na Faculdade de Ciências Sociais da Universidade Nova de Lisboa.
Beatriz Penedos, con óptima capacidade de comunicación, integra con Marco Pereira o seu primeiro proxecto de xornalismo radiofónico no programa Grandes Vozes do Nosso Mundo, emitido por cinco emisoras: as galegas Radio Burela, Radio Fusión e Rádio Filispim; a Rádio Universitária do Minho, en Braga; e a Rádio Internacional Lusófona de São Paulo (Brasil).
01/12/20
NUTRIDA PRESENZA DA MARIÑA NO VÍDEO DEDICADO A CARVALHO CALERO
![]() |
| O grupo de estudantes de bacharelato recibiu de mans de Bernardo Penabade os presentes ofrecidos polo Concello de Santiago. |








