El Modelo Burela, hasta en misa - na Voz de Galicia do 20/03/2009
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/03/20/0003_7602372.htm
20/03/09
13/03/09
Harmonía Terrenal
Un centenar de músicos, integrados en diversas formacións, participaron
na misa multicultural que tivo lugar na igrexa parroquial de Burela o
día 19 de marzo. A celebración, enmarcada no programa de divulgación do
Modelo Burela de Planificación Lingüística -aplicado por unanimidade das
forzas políticas do Concello de Burela-, foi oficiada polo párroco da
localidade Ramón Marful Rodríguez, quen posteriormente dedicou a homilía
ao Modelo Burela cualificándoo como exemplo de “harmonía entre culturas”.
Ás 11:45 da mañá, os veciños e veciñas da vila víronse sorprendidos pola “recepción” coa que eran agasallados. No propio adro parroquial, saudaba a súa chegada a Banda de Gaiteiros da Asociación Cultural Ledicia, que interpretou media ducia de pezas. Seguidamente o Grupo de Cámara dirixido polo profesor Bruno Pedre tomou a alternativa, xa no interior do templo, interpretando pezas clásicas instrumentais, mentres os fieis ocupaban os seus respectivos asentos. Tras as palabras de ben-vida, pronunciadas polo sacerdote, tocoulle o turno á Coral Polifónica de Burela, que foi alternando o canto da misa xunto co coro parroquial, dirixido polo profesor Jesús Arranz. González.
Durante a consagración, a Banda de Percusión Dambara (dirixida polo profesor Albano González Cancio) fixo resoar o templo coas notas da Marcha do Antigo Reino de Galiza. Máis tarde, o músico local Antón Crego (un dos clásicos da Quenlla, xunto con Mini e Mero) cantou o Noso Pai, acompañando a voz coas notas da guitarra. Antes da despedida (tamén no adro) protagonizada por Dambara, chegou un momento agardado con especial agarimo: as doce mulleres afro-galegas de Batuko Tabanka interpretaron ao estilo coral (sen o seu tradicional batuko) unha peza dedicada a Xesús, cuxa letra é a seguinte:
Ó Jesus, que estás sempre ao meu lado
no meu peito acendei a Vossa luz,
livrai-nos de todos os pecados
ajudai-me a levar a minha cruz.
Vamos todos com santa alegria
receber a Jesus com amor;
quanto mais adoremos a Jesus,
mais é digno do nosso amor.
No acto litúrxico participaron tamén con diversas lecturas nenas e nenos representantes da multiculturalidade de Burela.

11/03/09
Acto de entrega de documentación do “Modelo Burela” de planificación lingüística no IES Perdouro
A Biblioteca do IES
Perdouro acollerá ás 11:15 horas de mañá xoves, día 12 de marzo, o acto
de entrega de copia de toda a documentación xerada polo Modelo Burela
de Planificación Lingüística á Asociación de Veciños “O VECELLO” de
Burela. No acto participarán representantes de todas as forzas políticas
representadas no Concello de Burela, así como os integrantes do
Proxecto de Innovación Educativa deste centro de ensino. Seguidamente,
representantes do Instituto Perdouro e da asociación veciñal procederán
ao envío doutras copias da documentación ao Centro de Documentación
Sociolingüística de Galicia (CDSG) e á Universidade da Coruña, entidades
que as tiñan solicitado.
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), integrado no Consello da Cultura Galega, que ten entre os seus obxectivos a compilación, clasificación e difusión de todo tipo de documentos e publicacións que teñan que ver coa normalización das linguas minorizadas, dirixiuse ao IEs PErdouro solicitando “copia de toda aquela documentación sociolingüística que xeran as actividades de dinamización programadas por ese centro educativo”. Tras poñer a disposición en liña desde a súa páxina (culturagalega.org/avg), para público de todo o mundo, o documental Modelo Burela, o CDSG desexa terá nos seus fondos tres exemplares do DVD, o número mínimo para garantir o servizo de préstamo aos usuarios.

Da mesma maneira a Universidade da
Coruña, por indicación do profesor Celso Álvarez Cáccamo (da área de
sociolingüística), tamén solicitou ao IES PErdouro copias do material
relacionado coa planificación lingüística que está sendo implementada na
localidade burelesa.
Máis información en Vieiros
Máis información en Vieiros
08/03/09
Artigo especial no xornal El País - "las tres lenguas de Burela"
REPORTAXE NO XORNAL EL PAIS:(08/03/2009)
Las tres lenguas de Burela
El instituto Perdouro de Burela impulsa un modelo único de planificación lingüística en el municipio. Acaban de recoger la experiencia en un documental

Subscrever:
Mensagens (Atom)