11/03/09

Acto de entrega de documentación do “Modelo Burela” de planificación lingüística no IES Perdouro

A Biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:15 horas de mañá xoves, día 12 de marzo, o acto de entrega de copia de toda a documentación xerada polo Modelo Burela de Planificación Lingüística á Asociación de Veciños “O VECELLO” de Burela. No acto participarán representantes de todas as forzas políticas representadas no Concello de Burela, así como os integrantes do Proxecto de Innovación Educativa deste centro de ensino. Seguidamente, representantes do Instituto Perdouro e da asociación veciñal procederán ao envío doutras copias da documentación ao Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) e á Universidade da Coruña, entidades que as tiñan solicitado.

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), integrado no Consello da Cultura Galega, que ten entre os seus obxectivos a compilación, clasificación e difusión de todo tipo de documentos e publicacións que teñan que ver coa normalización das linguas minorizadas, dirixiuse ao IEs PErdouro solicitando “copia de toda aquela documentación sociolingüística que xeran as actividades de dinamización programadas por ese centro educativo”. Tras poñer a disposición en liña desde a súa páxina (culturagalega.org/avg), para público de todo o mundo, o documental Modelo Burela, o CDSG desexa terá nos seus fondos tres exemplares do DVD, o número mínimo para garantir o servizo de préstamo aos usuarios.
Da mesma maneira a Universidade da Coruña, por indicación do profesor Celso Álvarez Cáccamo (da área de sociolingüística), tamén solicitou ao IES PErdouro copias do material relacionado coa planificación lingüística que está sendo implementada na localidade burelesa.

Máis información en Vieiros

Sem comentários:

Enviar um comentário