O programa de
actividades contará coa participación do director xeral de inmigración
da Generalitat de Cataluña, o decano da facultade de Filoloxía e o
director do departamento de Filoloxía Románica da Universidade de
Barcelona. Seguidamente, comezan os diferentes relatorios centrados na
política lingüística nos sistemas escolares de Galiza e Cataluña e en
proxectos desenvolvidos en ambas as comunidades e encamiñados á cohesión
social nos centros educativos.
Na mesma xornada, mais en horario de
tarde, celebrarase unha mesa redonda coa participación de profesorado
das universidades de Girona, Barcelona, Vic e Santiago de Compostela. O
encontro finalizará coa conferencia da coordinadora do mesmo, a
profesora Carme Junyent, da Universidade de Barcelona, sobre o papel das
linguas nos centros escolares.
O relatorio do Instituto Perdouro integrará diversas proxeccións audiovisuais, xunto coa reprodución de fragmentos concretos do programa radiofónico “Proxecto Neo”, dedicado á integración de persoas neofalantes. Desta maneira, o protagonismo centrarase nas persoas participantes en varios deses programas durante o curso pasado: Karina Parga (Vicedirectora do IES Perdouro), Antonina Semedo (de Batuko Tabanka), Ummer Mohammad (estudante de orixe pakistaní), Juan Mario Lawicki (estudante de orixe ucraniana) e Catalina Sánchez Luengo (xerente da Fundación Expomar, orixinaria de Villanueva de la Serena en Badajoz).
A seguir reproducimos o texto introdutorio do díptico elaborado pola Universidade de Barcelona para difundir a xornada:
O ROL DAS LINGUAS DA INMIGRACIÓN NA ESCOLA
Nos últimos anos, o Grupo de Estudo de Linguas Ameazadas inventariou as linguas faladas en Cataluña. Agora que xa nos podemos facer unha idea da diversidade presente no noso país, é o momento de preguntarnos: que se ten que facer con estas linguas?
Non hai dúbida de que a contorna fundamental nestes momentos iniciais é a escola e por iso nos últimos anos fomos traballando no proxecto de procura «O rol das linguas da inmigración na escola». Nesta xornada facemos énfase no ensino secundario, que nos parece un ámbito crucial, e ademais quixemos poñer o foco especialmente en Galicia. Pareceunos que un intercambio de experiencias con profesionais galegos, en situacións tan parecidas e á vez tan diferentes, sería moi proveitoso para todos. Ademais, pensamos que é moi importante coñecer máis a fondo o «Modelo Burela», así como o proxecto Galauda, dúas experiencias que exploran as vías da diversidade lingüística para promoveren a convivencia e a igualdade de oportunidades entre os mozos.
Ademais destas experiencias, tamén pedimos a catro expertos que debatan nunha mesa redonda sobre cal ten que ser o rol das linguas da inmigración na escola. Finalmente, presentaremos os resultados da nosa investigación nos centros de ensino da comarca da Anoia.
Máis información ....

Sem comentários:
Enviar um comentário