Cartaz das III Xornadas de Mediación Comunicativa organizadas polo CIFP Ánxel Casal da Coruña |
Con organización das alumnas do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa do CIFP ÁNXEL CASAL da Coruña, durante os días 3, 4 e 5 de decembro celébranse na Coruña as III Xornadas de Mediación Comunicativa "A Mediación é unha opción"
A actividades didácticas comezaron ás dez da mañá do luns, día 3, co relatorio de Lucía Lombardía sobre terapia con animais. Ao medio-día a intervención de divulgación social realizouse diante do Concello, onde se celebrou unha orixinal "Paraugada a María Pita". A xornada da tarde comezou cun obradoiro titulado "Derrubando barreiras" e inmediatamente despois, ás seis da tarde, a alumna Paula Quelle presentou un novo relator, Marco Pereira, que foi protagonista do relatorio "Universidade sen fronteiras".
Sem comentários:
Enviar um comentário