09/02/21

A MÚSICA AO "SON de Nós" EN RADIO FUSIÓN

 

Esta semana do 8 de febreiro comeza en Radio Fusión cos ritmos variados do "Son de Nós", un dos programas musicais da cadea de emisoras municipais galegas. Recibimos con enorme alegría o esforzo vertebrador da iniciativa: pola abertura a novas voces en tarefas de selección das músicas, pola pluralidade xeográfica que representan e mesmo pola atención ás diferentes faixas de idade.

Unha das novas voces é a Nilce Costa, a xornalista brasileira que -xunto con Christian Salles- produce e realiza o programa Os Contrabandistas, emitido na Rádio Metropolitana Porto. Con Nilce Costa colaboran tamén na locución dúas persoas vinculadas aos programas radiofónicos do Modelo Burela: Quique Roxíos e Andrea Ferrer. Pola súa parte, en representación dos Faladoiros de Vigo, participa o profesor e músico Xurxo Novoa Martins

Xa no plano profesional, o Son de Nós está vertebrado polas voces de Pablo Chichas (de Radio Estrada), Lorena Otero (de Radio Redondela), Xosé Montero (de Radio Eume) e Henrique Sanfiz (Radio Fene).  

Sem comentários:

Enviar um comentário