29/05/23

A LINGUA DO NENO CANTOR

Na estrada da Coruña, tomando á esquerda pouco depois do polígono do Tambre (a pouca distancia de Sigüeiro), está unha das freguesías do rural de Santiago de Compostela: Nemenzo, topónimo do gosto de Eduardo Pondal.

No adro da igrexa de Nemenzo descansa o Neno da Pedra, que tamén é coñecido como o Neno Cantor. De cariña redonda, con expresión de moita viveza e un leve sorriso picarón, tan ilustre rapaciño xa anda polos 830 anos, repartidos entre dous asentamentos: o primeiro na catedral de Santiago, onde o colocou o Mestre Mateo, e o segundo a aldea da Pedra -en Nemenzo- para onde foi levado pouco depois de 1600.

O pobre Neno da Pedra estaba triste porque todas as palabras que ouvía das súas numerosas visitas terminaban por fuxir co vento. Agora non esconde o sorriso; a tendencia mudou. As palabras do seu idioma están escritas sobre a pedra e non escapan. El mesmo é capaz de as ler, mesmo estando sentado na base do cruceiro.

Seis familias tomaron a batuta e marcan tendencia restauradora desde os panteóns do cemiterio local. Esta é a panorámica que o Modelo Burela documentou no mes de setembro do ano pasado:

Freguesía

Total familias

Uso do galego  

Data da 1ª

Inscricións de propiedade

Data de revisión

Autoría da revisión

NEMENZO

120

6  (5 %)

 En estudo

 0

17/09/22

Modelo Burela

As inscricións funerarias do cemiterio de Nemenzo, situado no lugar da Pedra, en pleno adro da igrexa de Santa Cristina, mostran a tendencia emerxente do uso do idioma galego neste ámbito. 


Sem comentários:

Enviar um comentário