A Biblioteca do IES
 Perdouro acollerá ás 11:15 horas de mañá xoves, día 12 de marzo, o acto
 de entrega de copia de toda a documentación xerada polo Modelo Burela 
de Planificación Lingüística á Asociación de Veciños “O VECELLO” de 
Burela. No acto participarán representantes de todas as forzas políticas
 representadas no Concello de Burela, así como os integrantes do 
Proxecto de Innovación Educativa deste centro de ensino. Seguidamente, 
representantes do Instituto Perdouro e da asociación veciñal procederán 
ao envío doutras copias da documentación ao Centro de Documentación 
Sociolingüística de Galicia (CDSG) e á Universidade da Coruña, entidades
 que as tiñan solicitado.
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), integrado no Consello da Cultura Galega, que ten entre os seus obxectivos a compilación, clasificación e difusión de todo tipo de documentos e publicacións que teñan que ver coa normalización das linguas minorizadas, dirixiuse ao IEs PErdouro solicitando “copia de toda aquela documentación sociolingüística que xeran as actividades de dinamización programadas por ese centro educativo”. Tras poñer a disposición en liña desde a súa páxina (culturagalega.org/avg), para público de todo o mundo, o documental Modelo Burela, o CDSG desexa terá nos seus fondos tres exemplares do DVD, o número mínimo para garantir o servizo de préstamo aos usuarios.

Da mesma maneira a Universidade da 
Coruña, por indicación do profesor Celso Álvarez Cáccamo (da área de 
sociolingüística), tamén solicitou ao IES PErdouro copias do material 
relacionado coa planificación lingüística que está sendo implementada na
 localidade burelesa.
Máis información en Vieiros
Máis información en Vieiros
 
Sem comentários:
Enviar um comentário