Ponte Sampaio foi concello e agora é freguesía do concello de Pontevedra: a única de Pontevedra que cae na ría de Vigo e a última da arquidiócese de Compostela en dirección ao sur.  Aproximadamente 1100 veciños e veciñas viven entre o núcleo -A Ponte- e as aldeas de Acevedo, Rañadoiro, O Vilar, A Canicouva e a metade de Cacheiro. 
As palabras que non leva o vento entraron no seu cemiterio en 2013. Foi por iniciativa de David Conde Lourido, que as colocou nunha plaquiña dedicada á súa avoa.
David, parabéns polo texto e pola decisión. Moitísimas grazas polo envío da referencia. Desde este momento contas co recoñecemento de Activista MB.
| Freguesía | Total familias | Uso do galego   | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión | 
| PONTE SAMPAIO | 209 (aprox.) | 14 | 2013 | 0 | 11/06/23 | David Conde | 
 
Sem comentários:
Enviar um comentário