Artigo publicado no xornal Galicia Confidencial
"Palabra e Memoria": nova intervención de normalización lingüística do "Modelo Burela"
18/08/12
29/07/12
Exposición "Palabra e Memoria" en Sargadelos
A mostra "Palabra e memoria" abre no Museo Histórico de Sargadelos con fotos de Burela, O Vicedo e O Valadouro
"PALABRA E MEMORIA"EXPÓN FOTOGRAFÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DE BURELA, O VICEDO E O VALADOURO
A mostra estará aberta entre de 2 de agosto a 14 de setembro no Museo Histórico de Sargadelos.
"PALABRA E MEMORIA"EXPÓN FOTOGRAFÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DE BURELA, O VICEDO E O VALADOURO
A mostra estará aberta entre de 2 de agosto a 14 de setembro no Museo Histórico de Sargadelos.
Baixo a coordinación de Elisa Pérez e
Alba García Pico, en Sargadelos ultímanse os preparativos da exposición
fotográfica Palabra e Memoria, que estará aberta ao público entre os
días 2 de agosto e 14 de setembro no Museo Histórico da Casa da
Administración.
A exposición recolle en 60 fotografías
unha antoloxía dos mellores epitafios dos cemiterios de Burela así como
dos existentes nas diferentes parroquias dos concellos do Vicedo (Santo
Estevo, San Román, Negradas, Riobarba e Cabanas) e do Valadouro
(Moucide, Budián, A Laxe, Ferreira, Santa Cruz, Recaré, Santo Tomé, O
Cadramón e Vilacampa). As fotografías, realizadas por Pepa Losada, Aida
López Vale e María Mon Geada, están acompañadas de textos explicativos e
de ilustracións realizadas para a ocasión polo artista plástico Xosé
Blanco.
Esta iniciativa cultural do Instituto
Perdouro é un complemento divulgativo a unha extensa investigación de
campo realizada desde 2005 á actualidade (sete anos consecutivos) pola
área de innovación do propio centro educativo. A primeira intervención
realizouse en Burela, en cuxa igrexa parroquial se celebrou unha
exposición que recollía 7 fotografías da fotoxornalista Pepa Losada.
Posteriormente, no Vicedo a encargada de coordinar os traballos de
identificación, catalogación e exposición foi a profesora Aida López
Vale; os resultados foron expostos na igrexa de Santo Estevo en febreiro
de 2010. No Valadouro a coordinación estivo a cargo de Alba García Pico
(Ferreira; 1984). Esta licenciada en Tradución e Interpretación pola
Universidade de Vigo, coñeceu o documental do mesmo título (Palabra e
Memoria) realizado polo burelés Matías Nicieza e dispúxose a localizar,
catalogar e estudar as máis relevantes inscricións funerarias dos
cemiterios do termo municipal e, posteriormente, completou a súa
documentación con entrevistas personalizadas a cada unha das vinte
familias implicadas.
A exposición será inaugurada ás 12:30
horas do próximo día 2 de agosto nun acto que contará con intervencións
de Bernardo Penabade, Aida López Vale, Alba García Pico e José Carlos
Rodríguez Andina. Ademais do servizo de visita guiada de luns a venres,
terá un acto complementario previsto para as 18:00 horas do próximo día 9
coa proxección de documentais e a celebración dunha mesa-redonda na que
os responsables destas iniciativas oferecerán unha panorámica dos
resultados conseguidos nestes anos de traballo.
26/06/12
IVº Encontro "Letra Viva”
BURELA CELEBRA O IVº ENCONTRO “LETRA VIVA” EN RECORDO DE CELSO EMILIO FERREIRO E DO ARMADOR LOCAL JOSÉ ANTONIO LESTAO
No evento, que clausura as
actividades da área de innovación educativa do Instituto Perdouro,
participa Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia
A biblioteca do Instituto Perdouro
acollerá o primeiro dos actos académicos de clausura das actividades do
Proxecto de Innovación Educativa programados para a xornada do día 27 de
xuño. Ás 11:00 horas está prevista a recepción das autoridades, entre
as que figuran o alcalde de Burela, Xosé González Barcia, e o Secretario
Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Tras unhas palabras
de benvida pronunciadas por Juan Sama Díez (director do centro) e por
María José Andión Fontela (coordinadora da área de Innovación
Educativa), procederase á proxección de tres vídeo-poemas realizados por
alumnos e alumnas de 4º de ESO sobre textos de Celso Emilio Ferreiro,
unha actividade que estivo coordinada pola profesora Miruca Parga
Valiña. Seguidamente, cerrarán o acto as intervencións de Anxo Lorenzo e
de Xosé González Barcia.
Ás 11:30 unha comitiva formada polas
autoridades, acompañadas polo alumnado e por representantes do
profesorado, fará un paseo urbano entre o Instituto Perdouro e a Praza
do Concello, con parada na Rúa Celso Emilio Ferreiro. Ao mediodía,
diante do consistorio procederase á presentación da campaña “Eu Vivo na
rúa Celso Emilio Ferreiro” impulsada pola Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria.
A citada campaña é unha actividade
programada polo departamento do goberno galego “para favorecer, desde un
ton sinxelo e vinculado ao lecer, un maior coñecemento do autor entre
os residentes nas rúas Celso Emilio Ferreiro das 28 localidades de
Galicia que a incorporan no seu rueiro. A campaña consiste na
distribución nas casas dun folleto con información detallada sobre o
autor e sobre a súa obra”.
Ás 12:00 horas tomará a palabra o
Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para presentar a campaña a
desenvolver en diversas localidades da provincia de Lugo. Seguidamente,
realizarase un recital de poesía no que interveñen persoas estreitamente
vinculadas ao desenvolvemento do Modelo Burela de Planificación
Lingüística. A estudante de Medicina Lucía Barrera, o cineasta Matías
Nicieza, o estudante paquistaní Umer Mohammad, a intérprete Alba García
Pico e os profesores Karina Parga e Juan G. Sama recitarán diversos
poemas de Celso Emilio Ferreiro.
A xornada cultural finalizará ás 20:30
horas, coa descuberta dunha placa de homenaxe a José Antonio Lestao
Manzano (1893-1974), un veciño de Burela moi implicado na consecución de
infraestruturas portuarias, educativas e de servizos sociais para a
localidade. Este acto celebrarase no xardín da vivenda familiar
construída por iniciativa de Lestao Manzano en 1937 e que está situada
na intersección da rúa das Flores coa de Celso Emilio Ferreiro.
11/06/12
Acto de recoñecemnto a CRÓNICA3 - Discurso da coordinadora do PIL
Sras. e Sres. convidados, compañeiras e compañeiros:
A piques de rematar este curso, rematamos tamén unha fase máis do noso Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, longa e oficial etiqueta tras a que se agocha o noso benquerido Modelo Burela de integración intercultural e normalización lingüística. Un Proxecto que naceu neste Instituto aló polo curso 2005-2006 e que conseguiu, nesta súa andaina de sete anos, ser premiado cinco veces consecutivas pola Consellería de Educación a través de Política Lingüística.
A piques de rematar este curso, rematamos tamén unha fase máis do noso Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, longa e oficial etiqueta tras a que se agocha o noso benquerido Modelo Burela de integración intercultural e normalización lingüística. Un Proxecto que naceu neste Instituto aló polo curso 2005-2006 e que conseguiu, nesta súa andaina de sete anos, ser premiado cinco veces consecutivas pola Consellería de Educación a través de Política Lingüística.
Se ben naceu no ámbito educativo, axiña o
traspasou para aniñar no eido político e servir de base motivadora para
o Modelo Burela de Planificación Lingüística. Pasiño a pasiño, foi
adentrándose nos distintos ámbitos da sociedade tendo sempre como punto
de saída o noso Centro educativo. Así, chegou a ámbitos como o
relixioso, o deporte, a música, a sanidade, o comercio ou os medios de
comunicación.
Ao tratarse dun Proxecto cun claro
carácter continuador, ao longo destes sete cursos, a comunidade
educativa deste Instituto foi ampliando cada curso o seu ámbito de
traballo pero sen abandoar os anteriores. Todas e cada unha das persoas
representantes destes sectores tiveron e seguen tendo un papel clave no
desenvolvemento e no éxito do noso Proxecto. Entre eles, como xa
dixemos, están os medios de comunicación e este curso dunha forma
especial, xa que a colaboración entre o I.E.S. Perdouro e Radio Burela
deu como resultado o programa Proxecto Neo, a través do cal os neofalantes da nosa lingua dan a coñecer á sociedade o seu sentir e a súa experiencia neste senso.
Os medios de comunicación foron e seguen
sendo, sen dúbida, os que nos permitiron e permiten que o noso traballo
chegue cada vez a máis xente. Coa súa axuda, o Modelo Burela espallouse
por toda a comarca de A Mariña, polas catro provincias galegas, por
diversos puntos da xeografía española e incluso por varios países
europeos e hispanoamericanos.
Un destes medios que nos permite, como se soe dicir, "traspasar fronteiras" é, sen dúbida, Crónica3.com.
A este xornal dixital mandamos a redacción das nosas novas co convencemento de que:
1º.- van ser publicadas.
2º.- van ser publicadas con rapidez e
3º.- van ser publicadas con rapidez e sen manipular a forma e o contido.
1º.- van ser publicadas.
2º.- van ser publicadas con rapidez e
3º.- van ser publicadas con rapidez e sen manipular a forma e o contido.
Por iso, vemos obrigatorio este acto de
agradecemento e de recoñecemento a todas as persoas que fan posible o
exemplar funcionamento de Crónica3.com.
Ese bon facer diario fai que este xornal
dixital nos inspire confianza xa sexa como lectores ou como
informadores e por iso o temos no primeiro posto á hora de enviar as
novas referentes ao noso Proxecto.
Reitero, pois, en nome de todos os que
formamos parte deste Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística
do I.E.S. Perdouro, o noso sincero agradecemento pola vosa sempre boa
acollida das nosas novas, pola rapidez coa que as publicades e pola
fidelidade á información enviada.
Moitísimas grazas por permitirnos -a nós e á nosa lingua- camiñar con vós e parabéns polo traballo destes cinco anos na rede!
Mª José Andión Fontela
Mª José Andión Fontela
Acto de recoñecemento a CRÓNICA3

Tras un lustro de constante traballo informativo ao servizo da vertebración así como do desenvolvemento económico e cultural da comarca, chega o momento do recoñecemnto público tanto ao Crónica3.com ás persoas que o fan posible. Con esa intención, a Área de Innovación Educativa do IES Perdouro tomou a iniciativa de organizar un encontro entre os responsables do medio e unha representación plural da súa audencia.
No acto celebrado o luns 11 de xuño ás oito da tarde interviron, Juan Sama Diez, Director do IES Perdouro, Karina Parga Chao (Vicedirectora), Miruca Parga Valiña (Área de Innovación Educativa), Anxo Rivas Pardeiro (Locutor de Radio Foz) e Alfonso Otero Regal (Ceramista). En representación de Crónica3.com, Emilio González Legaspi expresou o seu profondo agradecemento a este apoio e recoñecemento público ao labor xornalístico e desinteresado dos membros de Crónica3.

Logo de contextualizar a xenese de Crónica3, Emilio González Legaspi explicou aos participantes os contidos da páxina web Crónica3.com. Ademais, fíxoselle entrega da placa "Modelo Burela".

Na entrada do centro educativo, está exposta unha exposición dos diversos números da revista O Trasno, e un mural coas testemuñas de recoñecemento da audiencia.

No seguinte documento, pódese ver unha pequena mostra do cariño e recoñecemento por parte da audiencia de Crónica3.
06/06/12
A audiencia recoñece o labor informativo deste medio
TODA A COMARCA NUN “CLIC”. Crónica3.com: cinco anos de xornalismo de proximidade
Por iniciativa da área de innovación
educativa impulsora do Modelo Burela de Planificación Lingüística, a
biblioteca do Instituto Perdouro acollerá ás oito da tarde do próximo
luns, día 11 de xuño, un acto público centrado no labor informativo do Cronica3.com
Baixo o lema TODA A COMARCA NUN “CLIC”. Crónica3.com: cinco anos de xornalismo de proximidade, o centro educativo elaborou un programa de actividades que inclúen un saúdo de Juan G. Sama Díez
(director do IES Perdouro) e unha visita a unha exposición dos diversos
números da revista O Trasno (impulsada no seu día polo Colectivo
Cultural Buril e agora reeditada en facsímil pola mesma entidade co
patrocinio da Deputación de Lugo). A xornada finalizará coa entrega do
recoñecemento “Modelo Burela” aos impulsores deste medio de
comunicación. Ademais dos representantes da área de innovación
educativa, farán uso da palabra Anxo Rivas Pardeiro (de Radio Foz), Alfonso Otero Regal (colaborador de opinión) e Emilio González Legaspi (en representación dos editores do Cronica3.com).
Os organizadores indican que “tras un
lustro de constante traballo informativo ao servizo da vertebración así
como do desenvolvemento económico e cultural da comarca, chega o momento
do recoñecemento público tanto ao Cronica3.com ás persoas que o fan
posible. Con esa intención, tomamos a iniciativa de organizar un
encontro entre os responsables do medio e unha representación plural da
súa audiencia”.
PARTICIPACIÓN DA AUDIENCIA
A entidade convocante espera recoller en
primeiro plano a valoración que fai a propia audiencia sobre este medio
de comunicación. Para iso fai un chamamento á participación colectiva
elaborando un texto específico para esta ocasión. O escrito pode ser
feito a título individual ou en representación “das entidades cívicas
que teñen neste medio do xornalismo dixital un eficaz divulgador das
súas convocatorias e iniciativas”.
Todas aquelas persoas que o desexen, poden enviar as súas opinión a modeloaditivo@gmail.com
antes das 14:00 horas do mesmo día en que se celebran os actos: o luns,
día 11. Todas as colaboracións estarán expostas no instituto durante a
xornada.
Neste momento, a organización xa conta coa participación de diversas entidades representativas do ámbito territorial da Mariña.
20/05/12
Empresas e comercios locais que asumen como propios os criterios de atención e comunicación Modelo Burela
A Casa Miranda acolleu a presentación dos convenios con diferentes casas comerciais.
Ás 12: 00 horas do día 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Casa Miranda do porto de Burela procedeuse ao acto de sinatura de convenios con empresas e comercios locais que asumen como propios os criterios de atención e comunicación Modelo Burela. En representación da área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro tomou a palabra a profesora María Xosé Andión Fontela, que explicou o contido dos convenios a asinar entre o centro educativo e os representantes de varias casas comerciais da localidade.
Ás 12: 00 horas do día 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Casa Miranda do porto de Burela procedeuse ao acto de sinatura de convenios con empresas e comercios locais que asumen como propios os criterios de atención e comunicación Modelo Burela. En representación da área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro tomou a palabra a profesora María Xosé Andión Fontela, que explicou o contido dos convenios a asinar entre o centro educativo e os representantes de varias casas comerciais da localidade.
Por parte dos comerciantes compareceron
Estéfano Gudín, ceramista orixinario de Arancedo (El Franco) con
obradoiro aberto no centro de Cervo; Xabier Sánchez Lorenzo, de
Imaxedixital3000, un dos impulsores da iniciativa e responsable da imaxe
corporativa das actividades comerciais “Modelo Burela”; José Miranda,
recoñecido deseñador que combina esta súa actividade profesional coa
dedicación ao sector da restauración gastronómica; e Pablo Fernández,
con comercio do sector téxtil -Xemelgos Skate Schop- no centro Porto
Praza.
Pola súa parte, a vice-directora do
Instituto Perdouro manifestou a satifación da comunidade educativa pola
acollida que o Modelo Burela está tendo entre as casas comerciais.
Karina Parga mostroulle aos presentes a disposición do centro de ensino
para colaborar no reforzo do comercio e a empresa da localidade. Ao
mesmo tempo, suxeriulles unha actualización da súa comunicación dixital
seguindo o exemplo do grupo musical Alma Latina, entidade pioneira na difusión do novo modelo de comunicación.
15/05/12
Actividades “Modelo Burela” para conmemorar o día das Letras Galegas
A área de
Innovación Educativa do Instituto Perdouro organiza dúas actividades
especiais para conmemorar o Día das Letras Galegas ao estilo Modelo
Burela.
Por unha parte, o propio día 17 de maio
sae para Londres unha expedición de alumnos e alumnas de 4º de ESO,
acompañados polo profesor Antonio Galdo e pola profesora Charo
Fernández, co obxectivo de fomentar a fluidez comunicativa en inglés.
Esta é unha actividade complementaria das sesións de teatro e dos
obradoiros de lingua inglesa coordinados polo lingüista Anik Nandi e que
se celebran no Instituto Perdouro desde hai varios anos académicos.
Por outra parte, ás 12: 00 horas na Casa
Miranda do porto de Burela procederase ao acto de sinatura de convenios
con empresas e comercios locais que asumen como propios os criterios de
atención e comunicación Modelo Burela. Seguidamente entregaranse os
primeiros distintivos ás empresas que teñen subscrito este tipo de
convenios.
O Instituto Perdouro organiza actividades especiais para conmemorar o Día das Letras Galegas ao estilo Modelo Burela.
O Instituto Perdouro organiza actividades especiais para conmemorar o Día das Letras Galegas ao estilo Modelo Burela.
13/05/12
12/05/12
10/05/12
OS NEOFALANTES PROTAGONIZAN O PROGRAMA LUAR DA TVG PRESENTADO POR XOSÉ RAMÓN GAIOSO
Unha delegación da Mariña participará mañá nun programa dedicado á celebración do Día das Letras Galega
Un conxunto de 15 persoas da Mariña viaxarán na tarde de mañá venres a Santiago de Compostela para participaren na emisión do Luar da TVG, un programa que estará dedicado á conmemoración do Día das Letras Galegas. A delegación que sairá da estación de autobuses de Burela ás 4 da tarde, está encabezada pola Vicedirectora do IES Perdouro, Karina Parga Chao, e nela figuran diversas persoas da Mariña, todas elas cun vínculo especial: a súa procedencia de máis alá das nosas fronteiras e a máis que aceptable integración na nosa cultura.
Xunto a diversos protagonistas do documental “Modelo Burela”, de Matías Nicieza (que tamén estará na expedición), serán entrevistadas en Luar algunhas das persoas que participaron durante este curso académico nas emisións radiofónicas tituladas “Proxecto Neo” impulsadas polo Instituto Perdouro. Residente en Ferreira do Valadouro, Ayoud Sabry é un mozo marroquino que estuda mecánica do automóbel en Ribadeo; o pakistaní Umer Mohammed, residente en Burela, combina o traballo nun negocio familiar do sector hostaleiro cos estudos de 2º de Bacharelato; a focense Sol Pedreira chegou á nosa terra procedente do Perú e manifesta unha magnífica integración entre nós, sen renunciar aos vínculos cos familiares da China e o Xapón; o futbolista Miguel Gomes, xuvenil habitual nas listas do primeiro equipo da S. D. Burela de fútbol será o representante da comunidade caboverdiana.
A presenza deste conxunto de persoas representativas da implantación do “Modelo Burela” de Planificación Lingüística no Luar da TVG, é o resultado da colaboración do IES Perdouro co equipo de produción do programa televisivo durante estas últimas semanas.
Este recoñecemento ao labor da área de Innovación Educativa do instituto de Burela, programa que conta coa coordinación da profesora María José Andión Fontela, chega poucos días despois de que o propio Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitase o centro de ensino para participar nunha xornada de dinamización lingüística.
Ademais de continuar con proxectos como o da integración de neofalantes, a área de Innovación Educativa do IES Perdouro centra este ano o seu labor didáctico no apoio ao desenvolvemento do comercio local, unha iniciativa que xa conta co apoio de diversas empresas.
30/04/12
Ximnasio Breogán - empresa Modelo Burela
O 30 de abril de 2012 a empresa Ximnasio Breogán e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro asinamos un convenio de colaboración destinado á difusión do Modelo Burela nas actividades desenvolvidas por esta empresa.
"Modela Burela" : Visita do Secretario Xeral de Política Lingüística
O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA FAI UN "CHEQUEO" AO MODELO BURELA
Valentín García
participou nunha sesión de dinamización lingüística e reuníuse cos
diversos sectores sociais implicados nesta iniciativa cultural
O
Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia visitou
Burela para coñecer en profundidade o desenvolvemento do programa de
integración intercultural "Modelo Burela", impulsado pola área de
innovación educativa do Instituto Perdouro, en colaboración con outros
centros educativos da Mariña e co propio Concello de Burela, que aprobou
un Proxecto de Planificación Lingüística en abril de 2008.
O
pasado luns, día 30 de abril, Valentín García Gómez foi recibido ás
16:00 horas no Instituto Perdouro polo director do centro, Juan G. Sama,
e pola coordinadora da área de innovación, María José Andión Fontela.
Seguidamente coñeceu persoalmente o profesorado implicado no Proxecto de
Innovación Educativa, que recibiu por quinta vez consecutiva un dos
premios outorgados pola Consellería de Educación en colaboración con
Política Lingüística e que este ano traballa no impulso do comercio e a
empresa locais.
No propio IES Perdouro, o Secretario Xeral asistiu á proxección de Txalapartaris no Eido Dourado. O
audiovisual, que recolle fragmentos dunha actuación de músicos que
acompañan habitualmente a Kepa Junquera, foi presentado polo seu autor, o
fotógrafo Javier Sánchez, quen animou o público a visitar o museo do pintor Celso Dourado en Barreiros.
Fóra
do recinto escolar, Valentín García visitou diversas entidades
comerciais da localidade, acompañando unha sesión de dinamización
lingüística realizada por profesorado e alumnado dos institutos de
Burela. A primeira parada foi nos locais do Ximnasio Breogán, onde a comitiva puido visualizar en primicia os primeiros resultados da montaxe dun videoclip
de homenaxe ao célebre grupo musical "Os Resentidos", un produto
musical que recolle traballos de dous grupos musicais da Mariña -Orquestra Alma Latina (Burela); e Safari Orquestra (Lourenzá)- e que proximamente se presentará ao público xeral en diversas localidades galegas.
A
xornada finalizou co encontro dos participantes na sesión educativa cos
responsables da ACIA local, que aproveitaron para explicarlle os seus
proxectos ao Secretario Xeral de Política Lingüística ao tempo que lle
fixeron entrega dun arquivo que recolle mostras das numerosas
actividades realizadas por esta asociación desde que foi revitalizada.
Modelo Burela
O
coñecido “Modelo Burela” de Planificación Lingüística constitúe xa todo
un referente no ámbito da dinamización lingüística no ensino. O IES
Perdouro botou a andar o proxecto no curso académico 2005-2006 e foi
precisamente no presente curso 2011-2012 un dos cinco aos que a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través
da Secretaría Xeral de Política Lingüística- lles outorgou cadanseu
premio de innovación en dinamización lingüística, no marco da
convocatoria anual de Cultura e Educación dirixida ao fomento do
desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que impliquen o uso
da lingua galega e o coñecemento da cultura de Galicia.
O “Modelo Burela” busca dinamizar a lingua galega desde a adquisición da competencia lingüística do alumnado en tres idiomas: galego, castelán e unha terceira lingua internacional. Durante este curso académico, o proxecto chega aos seis cursos en desenvolvemento e dá novos pasos coa posta en marcha iniciativas dinamizadoras no comercio e na empresa local.
O “Modelo Burela” busca dinamizar a lingua galega desde a adquisición da competencia lingüística do alumnado en tres idiomas: galego, castelán e unha terceira lingua internacional. Durante este curso académico, o proxecto chega aos seis cursos en desenvolvemento e dá novos pasos coa posta en marcha iniciativas dinamizadoras no comercio e na empresa local.
Proxecto Neo
No
marco do "Modelo Burela" desenvólvese, desde o mes de xaneiro,
"Proxecto Neo", a nova iniciativa radiofónica sobre a lingua galega
impulsada desde o IES Perdouro, en colaboración con Radio Burela. O
programa, que se centra na integración lingüística das persoas
neofalantes, emítese cada mércores en horario de 17:00-18:00 horas e
está dirixido e conducido por Bernardo Penabade, profesor de Lingua
galega e literatura no instituto burelao e coordinador do "Modelo
Burela". Tamén conta con emisión a través de Internet e con presenza nas
redes sociais.
Subscrever:
Mensagens (Atom)