Os alumnos de 2º de bacharelato tiveron a oportunidade de coñecer a Anik
Nandi, sociolingüista da Bengala do oeste, que está a realizar a tese
doutoral na universidade de Santiago de Compostela, e aprender acerca
das sociedades plurilingües e as linguas minoritarias. Anïk comparou o
contexto sociolingüístico de Galicia coa diversidade lingüística do seu
país natal. Entre outros idiomas, en Bengala úsanse frecuentemente
bengalí, hindú, sánscrito e inglés. Ó final do debate e tras responder
ás preguntas do alumnado, Anïk regalounos unha tarxeta con cada un dos
nosos nomes en bengalí, o que permitiu que a súa intervención tivese un
carácter máis informal. Encantounos a todos!O galego e o inglés foron as
linguas empregadas durante este acto, tanto por parte dos alumnos como
por parte de Anïk. Quedou claro que o inglés é fundamental para
expresarse a nivel internacional, mais que tamén debemos estar
orgullosos do galego, a lingua materna. A diversidade de linguas é tan
importante como a biodiversidade. Esta foi unha actividade de inmersión
no inglés, na que os alumnos non só escoitaron a Änik expresarse en
inglés senón que lle fixeron preguntas neste idioma. Por outra banda,
esta actividade fomentou a competencia multilingüe cando o
conferenciante describía algunhas das tradicións culturais do seu país.
Sem comentários:
Enviar um comentário