As gañadoras do certame, María José Cao Miguez e Lucía Rivas Ramos, cos seus obsequios no porto de Burela |
O certame "O meu mar favorito", unha iniciativa resultado da colaboración entre o diario www.cronica3.com e o GALP A Mariña-Ortegal, ten como gañadoras: María José Cao Miguez e Lucía Rivas Ramos.
Tratábase de unir palabra e imaxe para conseguir unha obra de arte. As fotografías de ambiente marítimo debían ser acompañadas dun lema ou dun breve texto alusivo á temática do certame: o mar favorito. As obras presentadas debían publicarse nas redes sociais do xornal www.cronica3.com e a partir dese momento comezaba a participación do público para seleccionar as gañadoras. O traballo de María José Cao fíxose con 173 votos, cos que alcanzou o primeiro lugar, e o presentado por Lucía Rivas recolleu un total de 131, que lle serviron para afianzarse como segunda.
Durante a mañá do día 20 de maio, as gañadoras recolleron os seus respectivos premios nas instalacións de empresa patrocinadora do certame: Conservas Ares, de Fazouro.
O Modelo Burela aplaude a convocatoria do certame e agradece a feliz colaboración de Conservas Ares, www.cronica3.com e GALP A Mariña-Ortegal. Ao mesmo tempo, transmitimos felicitación ás gañadoras e a todas as persoas que participaron no concurso.
O Modelo Burela aplaude a convocatoria do certame e agradece a feliz colaboración de Conservas Ares, www.cronica3.com e GALP A Mariña-Ortegal. Ao mesmo tempo, transmitimos felicitación ás gañadoras e a todas as persoas que participaron no concurso.
Lucía Rivas recolle o premio de mans de Ángel Ares, nas instalacións da empresa Conservas Ares en Fazouro |
Sem comentários:
Enviar um comentário