O proxecto DON RICARDO DE FINGOI foi promovido polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega, o Colexio Fingoi e familia do escritor.
Mondoñedo (Lugo), 27 de decembro de 2020.- A exposición Don Ricardo de Fingoi foi clausurada na Casa Museo Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o escritor Xulio Xiz, en representación do colectivo organizador Egeria; a deputada autonómica Elena Candia, e o alcalde do Concello de Mondoñedo, Manuel Otero, así como de outros membros da corporación. No acto participaron os netos do homenaxeado Faustino e Margarita Cela, acompañados das súas familias, o especialista no escritor e amigo da familia Bernardo Penabade e o Presidente da Asociación do Camiño Norte, José Luis Fernández Ansedes.
A exposición forma parte do proxecto do mesmo título que comprende a web www.carballocaleroenlugo.org, o catálogo cos contidos íntegros da Mostra, e o libro CARBALLO CALERO EN LUGO-DON RICARDO DE FINGOI, no que participan unha trintena de antigos/as alumnos/as de Carballo no Colexio Fingoi de Lugo.
A mostra sobre o autor, a quen este ano se dedicou o Día das Letras Galegas, reflicte a través de 13 paneis, os quince anos de Carvalho Calero en Lugo, de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi. Trátase dunha exposición itinerante que trala súa inauguración en Lugo, no Colexio Fingoi, o pasado 15 de xaneiro, co obrigado descanso pola pandemia, foi visitando vinteoito cidades (Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo...) e capitais de concello e centros educativos da provincia, nun proxecto do Colectivo Egeria, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário