O filólogo Diego Cabarcos, da Universidade da Coruña, realizou o traballo de campo de visualización e estudo do uso lingüístico en tres cemiterios: o de Santo André de Lesta (en Ordes) e os de San Cristovo das Viñas e Santa María de Oza (na Coruña). As porcentaxes oscilan entre o 2'2% da parroquia de Ordes e a coincidencia entre o 0'7% das dúas parroquias da Coruña.
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
LESTA (Ordes) | 221 | 5 (2'2%) | 2010 | 0 | Setembro de 2024 | Diego Cabarcos |
VIÑAS | 1180 | 9 (0'7%) | 1990 | 0 | Setembro de 2024 | Diego Cabarcos |
OZA | 805 | 6 (0'7%) | 1979 | 0 | Setembro de 2024 | Diego Cabarcos |
Pola súa parte, a través de David Canto Veiga, chéganos o resultado doutro traballo de campo: o do escritor Xosé Manuel Lobato (Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación). Segundo este profesor de Matemáticas no IES Félix Muriel, na parroquia do centro urbano do concello a porcentaxe de uso do noso idioma está no outro extremo: pasa do 20% (a máis alta que temos localizado neste momento).
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
RIANXO | 539 | 112 (20'7% | Sen referencia | Sen referencia | Setembro de 2024 | Xosé Manuel Lobato |
No termo municipal de Ortigueira, o traballo de campo foi realizado polo historiador Gerónimo Martínez, que preparou a exposición titulada Palabra e Memoria nas parroquias de Ortigueira, que pode ser visitada na Escola da Sociedade de Instrución e Recreo A Devesana. Segundo esta investigación, hai lápidas en galego en 15 dos 20 cemiterios parroquiais. A cifra máis alta (6%) alcánzase en Couzadoiro e o momento de partida é o ano 1972, onde foi colocada a primeira, por iniciativa do mestre César Martínez Yáñez, que naquel momento tiña 24 anos. Chaman a atención tres inscricións de propiedade: unha na parroquia de Cuíña e outras dúas no citado Couzadoiro.
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
20 freguesías de Ortigueira | 2905 | 48 (1'6%) | 1972 | 3 | Setembro de 2024 | Gerónimo Martínez |
Video didáctico preparado polo historiador Gerónimo Martínez
Sem comentários:
Enviar um comentário