A profesora Aida López Vale, impulsora da aplicación do “Modelo Burela”
de Planificación Lingüística no termo municipal do Vicedo, expoñerá ao
alumnado de Bacharelato do IES Perdouro os primeiros resultados obtidos
tras unha primeira fase de recompilación documental. A actividade
realizarase na Biblioteca do instituto ás 9 da mañá do venres, día 14 de
xaneiro.
Na última semana de setembro, coincidindo co inicio do curso 2010-2011, a profesora Aida López Vale participou nos XVIII Encontros Pedagóxicos da Mariña e neles asistiu a un obradoiro de divulgación da estratexia didáctica posta en práctica pola Área de Innovación Educativa do IES Perdouro. Posteriormente, valorou as posibilidades de aplicación da metodoloxía do “Modelo Burela” para realizar unha intervención de dinamización lingüística no concello do Vicedo e decidiu poñela en marcha.
A primeira fase do proxecto consistiu nunha recompilación documental entre o vecindario da parroquia do núcleo municipal. Unha vez realizada a valoración inicial dos documentos, ten previsto en datas próximas dálos a coñecer ao público por medio dunha exposición.
Diplomada en Educación Infantil pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado da Universidade da Coruña, Aida López Vale (O Vicedo; 1978) traballou na sección de Administración de Sistemas Informáticos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (2003-2005) e actualmente exerce docencia de Ofimática (deseño de páxinas web para adultos e clases de programación e robótica para nenos) en Viveiro.

Sem comentários:
Enviar um comentário