Chegou Xurxo Souto ao Grandes Voces do Noso Mundo e fíxose o Fumareu. O ambiente caldeouse e fervía Marco, porque quería que cantasen Helena e Xurxo; e fervía Helena, que tamén quería cantar; e fervía Matías Nicieza, porque ese momento xa lle tardaba.
E Xurxo cantou sen que llo pedisen. E Helena cantou. E Marco non cantou, porque estaba atendendo ao Sr. Braille. Aínda así o Sr. Braille tivo o seu momento de descanso, porque Marco -sen lle dar vacacións- deixouno libre por momentos.
Un programa de premio.
Moi grande Xurxo, parabens polo programa.
ResponderEliminarMoitas grazas polo comentario, Ricardo! Sabemos que o teu nome está moi presente en varias das páxinas dos Contos do Mar de Irlanda, de Xurxo Souto. Tamén sabemos que proximamente o autor estará no Barqueiro falando sobre o libro. Será unha oportunidade de revivir o magnífico ambiente da entrevista que lle fixeron MArco e Helena.
Eliminar