A fotógrafa oficial de Proxecto Neo en plena sesión de traballo durante o programa de celebración do Entroido |
Comezou facendo fotos que deixasen constancia do desenvolvemento do programa. Facía case un cento delas para despois seleccionar media ducia. Traballaba sempre baixo a dirección de Karina Parga, que se ocupaba de orientala. Iso foi só no comezo, porque paulatinamente Lucía Rivas foi gañando en autonomía. Ela mesma deuse conta de que debía mellorar e matriculouse en actividades de formación, con magnífico aproveitamento.
No momento presente, Lucía Rivas continúa ocupándose da imaxe do programa, mais esta é só unha das súas responsabilidades. Co paso do tempo, foi desenvolvendo labores de adxunta en materia de coordinación xeral do programa. O mesmo está pendente das publicacións nas redes sociais que das tarefas da produción ou da orientación das novas incorporacións.
Unha vez máis, agradecémoslle publicamente o compromiso, a dedicación e os valores que nos transmite.
Unha vez máis, agradecémoslle publicamente o compromiso, a dedicación e os valores que nos transmite.
Sem comentários:
Enviar um comentário