Luis Manuel Ramilo Machado
Bernardo envioume un whatsapp: Viche o artigo que sobre Antonina Semedo publicou Loly Chas no blogue do Perdouro?
Contestei. A Bernardo sempre hai que contestarlle, non porque sexa unha obriga senón porque é un deber.
Ola Bernardo, ola a todos, un bico para Miruca:
Non, non lera o artigo. Agora si.
Xa coñecía de vista a Antonina Semedo de vela actuar na biblioteca do IES Perdouro un ano, tal vez 2011, cando levastes as Batuko Tabanka para pechar o traballo realizado durante o curso sobre o galego na Sanidade ou quizais o do galego no comercio (ambos incluídos no Modelo Burela).
Lémbrome que as alumnas inmigrantes do IES colaboraron nos actos daquel día e que entre todas encheron duns sons, bailes e sorrisos contundentes a biblioteca. Nada mellor que libros e sorrisos.
Agora deixádeme que vos conte publicamente:
Teño un cd/dvd de Batuko Tabanka (DJUNTA MÔ). Compreillo na sala de profesores á propia Antonina Semedo cando non sabía que era Antonina Semedo. Eu acababa de chegar a Burela e por timidez non lle pedín que mo asinase.
Gústanme tres cancións: "Cumpra vistu", "Brinka Kumi" e "Carlos Veiga".
Sexa raro ou non o sexa, é un cd que adoito escoitar os sábados ou os domingos mentres fago a comida.
Por certo, apeteceríame moito cantar con Batuco Tabanka algunha canción de Andrés Dobarro ("O tren", "Corpiño xeitoso", "Teño saudade"...). Creo que soaría ben… moi ben…
Sem comentários:
Enviar um comentário