A filóloga Marinha Area Falcón, colaboradora do Proxecto Equiling, da Universidade de Santiago, envíanos os resultados da súa visita de estudo ao cemiterio da parroquia de Vilariño, en Cambados.
Nos 62 panteóns, hai un total de 353 lápidas. O idioma galego está presente en 7 delas. Estas corresponden a catro familias diferentes: nun panteón hai 3, noutro 2 e 1 en cada un dos restantes.
O uso do noso idioma é lixeiramente superior ao da media galega.
Este é o resumo da información:
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
VILARIÑO | 62 | 4 (6.45%) | En estudo | 0 | 5/05/23 | Marinha Area Falcón |
Visións panorámicas do cemiterio de Vilariño en Cambados |
Nesta ligazón está toda a información sobre o EQUILING GALICIA
Sem comentários:
Enviar um comentário