Chámase Xosé Luís Fernández Rivera. É de Santa Cruz do Valadouro e traballa como veterinario en Lourenzá, onde participa na Asociación Patrimonio Laurentino.
Por iniciativa súa, o idioma galego -na versión escrita- entrou no cemiterio de Santa Cruz. Foi en 2007, nunha plaquiña dedicada a seu pai e a súa mai.
Durante a inauguración da Exposición Palabra e Memoria na Escola de Arroxo, comprometeuse a facer unha actualización da información sobre o uso do noso idioma. Así o fixo e comprobou que as súas palabras estiveron en soidade durante dez anos. En 2017 foron acompañadas polas doutra familia.
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
SANTA CRUZ | 120 (aprox.) | 2 | 2007 | 0 | 01/06/23 | Xosé Luís F. Rivera |
Cemiterio de Santa Cruz do Valadouro. A placa colocada no ano 2007 por Xosé Luís F. Rivera complementa a primeiro inscrición feita en honra de seus avós paternos. |
Sem comentários:
Enviar um comentário