25/06/23

A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DE SONIA E NATALIA

Sonia é de Letras e Natalia é de Números, Escadra e Cartabón... e Ferregachos. Ambas exercen a docencia no Instituto Perdouro, en Burela, e ambas consideran a escola como unha ferramenta ao servizo da comunidade e, polo tanto, estreitamente vinculada ao seu ámbito xeográfico de influencia.

Unha vez finalizado o curso académico -e impresa e presentada a revista escolar-, Sonia e Natalia combinaron para tomar un café tranquilamente e do café continuaron ao paseo. Foi entón cando decidiron visualizar o patrimonio literario do cemiterio de Lourenzá, situado á cabeza da lista daqueles en que destaca o uso escrito do noso idioma, o mesmo que as profesoras falan e transmiten ás xeracións máis novas.

Co traballo de campo metido na barriguiña dos seus teléfonos, miraron de novo as imaxes, prepararon unha rápida antoloxía e enviárona para esta base común que desde aqui poñemos a disposición do público, co obxectivo de facermos escola.

Moitísimas grazas!

Unha das fotografías realizadas por Natalia Irimia. Nela observamos o uso das palabras "fillos" e "netos", cada vez máis frecuentes (especialmente desde o período pandémico).



Nesta fotografía que nos enviou Sonia as palabras desconfinadas son tres: 
                         "muller", "fillos" e "netos". As persoas escolarizadas entre 1980 e 1990 
                          están agora asumindo responsabilidades na lembranza aos parentes falecidos.
                          O cambio social maniféstase tamén a través do uso do idioma.

 

Sem comentários:

Enviar um comentário