Situado nas Portelas, na comarca da Seabra, Lubián é un concello administrativamente pertencente a Zamora. Próximo á Terra de Viana e e a Tras os Montes, os seus habitantes están repartidos entre Aciveiros, Os Chous, As Hedradas, Hedroso, Lubián e Padornelo.
A primeira autoridade dese termo municipal leva a identidade da súa terra nos seus propios apelidos. Chámase Felipe Lubián Lubián (1952). Foi mestre na escola local, en Cataluña e entre 1978 e 1994 pasou a responsabilizarse da dirección do CRA Tuela Bibey. Posteriormente foi profesor de Matemáticas no IES Valverde de Lucerna da Seabra. Desde 2004 é correspondente da Real Academia Galega.
Por xentileza do alcalde, recollemos aquí a información sobre o uso escrito do idioma no cemiterio da localidade principal do concello. A grande novidade produciuse en 2006. O idioma falado en Lubián pasou tamén a ter presenza escrita en recordo de Felipe Lubián Álvarez (1925-2006). Seis anos despois tamén foi usado para lembrar a memória de Lola Rubián Rodríguez (1930-2012) e en 2013 para o recordo de Vicente Fernández, a quen o seu alcalde define como "un veciño labrego, moi bo falador, amante da súa muller, dos seus fillos e dos seus netos".
Estes son os números que recollen resumidamente a información:
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
LUBIÁN | 80 | 2 (3%) | 2006 | 0 | 03/07/23 | Felipe Lubián |
Lápidas de Felipe e Lola Lubián. A primeira foi colocada en 2006; a segunda en 2012. |
Lápida de Vicente Fernández Rodríguez, no cemiterio de Lubián. RELACIONADOS: SAN TIRSO DE ABRES: https://modeloburela.blogspot.com/2020/08/xuntos-pra-sempre-en-san-tirso-de-abres.html |
Sem comentários:
Enviar um comentário