Por xenerosidade de José-María Monterroso Devesa (A Coruña, 1944) chegounos un exemplar do nº 8 dos Cadernos de Estudos Xerais editados pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. Trátase da edición de A longa pós-guerra (1936-1953) de Ramón Villar Ponte, un dos relatorios do Simposio Ramón Vilar Ponte, 50 anos despois, celebrado na Faculdade de Humanidades do Cámpus de Lugo entre os días 16 e 18 do mes de xaneiro de 2003.
En vinte páxinas -cun destacábel interior-, o autor -José-María Monterroso Devesa- contextualiza a pós-guerra e o exilio interior; seguidamente ofrécenos o que el intitula "unha achega doméstica" sobre a figura homenaxeada; e sitúa como corpo central unha exposición sobre a memoria -e En Memoria- de María Teresa Villar Chao, filla de Ramón e sobriña de Antón.
Sirvan tamén estas liñas para agradecer o magnífico traballo de Vanesa Santiago Vázquez así como de toda a directiva da A. C. Irmáns Suárez Picallo, presidida por Francisco A. Pita Fernández, para conmemorar o Centenario das Irmandades da Fala. Un exemplo de dinamización cultural desde o ámbito local.
Sem comentários:
Enviar um comentário