18/10/16

Adrián Claro Tellado: a entrega das mans solidarias

Finalizada a tertulia, o convidado -Enx. Adrián Claro Tellado- fotografouse co grupo de Integración, que estaba acompañado de Bernardo Penabade (o profesor do Ámbito da Comunicación). Na imaxe tomada por José Díaz Moscoso (profesor de Educación Plástica e Visual) aparecen, de esquerda a dereita; Silverio, Luís Carlos, Ronaldo, Robson e Keven. En primeiro plano: Adrián, Raquel, Edimir, Doroteia, Idiana e Bernardo.


Adrián Claro Tellado foi alumno no Instituto Perdouro entre os anos 2004 e 2010, o tempo que lle levou cursar os estudos secundarios obrigatorios e os de bacharelato. Superados estes últimos, entrou na Universidade da Coruña para estudar Arquitectura Técnica, mais sempre se mantivo en contacto coa nosa comunidade educativa. No comezo deste curso, ademais da visita a quen tiñan sido os seus profesores e profesoras, Adrián Claro tivo unha xentileza co centro educativo: aceptou a solicitude de colaboración que lle foi formulada e participou nunha sesión didáctica co grupo de Integración de Inmigrantes.
Foi unha sesión extraordinaria. O convidado soubo adaptarse ao contexto educativo e dinamizou o encontro con alumnos e alumnas que levan só uns meses entre nós. Establecida a confianza, os participantes deixaron a un lado a timidez e interesáronse polas vivencias formativas do relator.
Tivemos 40 minutos de entrega solidaria, unha entrega solidaria que nós agradecemos de corazón.

Na imaxe obsérvase un dos exercicios de comprensión e expresión realizados con motivo da sesión de dinamización. Isto é o que nos di: "No día 14 de 10 de 2016 a 12 horas chegou o Professor Anton que procurava Bernaldo. E o rapaz entro na sala o profesor Anton foise porque estava ocupado e o rapaz ficou com Bernaldo.
Comesamos a preguntar como se chama e ele disi que chama Adrian, e ten 24 anos. nasceu na comunidade de Galicia e ele é de Provincia de Lugo concello de Burela. Estudou en universidade da Coruña 4 anos, e mas 2 ano para fazer carrera. Adria e un engenhero, Arquiteto. A sua mae é enFemeira e chama María Carmen; o seu pai chama José e é inFormático"

TEXTO ADAPTADO

Por volta das 12 da manhã do dia 14 de outubro de 2016, o professor Antón chegou à nossa sala, acompanhado de um rapaz que procurava Bernardo. O professor Antón marchou, porque estava ocupado, mas o rapaz ficou.
Nós começamos a lhe perguntar como se chamava e ele disse que o seu nome é Adrián; que é filho de Carmen (enfermeira) e de José (informático); que tem 24 anos; e que nasceu em Burela, na província de Lugo (Galiza). Também nos disse que estudou na Universidade da Corunha durante duas etapas -a primeira de 4 anos e a segunda de 2- e que agora é Engenheiro na especialidade de Arquitetura.


Sem comentários:

Enviar um comentário