O profesor Piñeiro Torres no Pavillón Polideportivo do colexio dos Castros
Lucía Rivas
Hoxe foi un día triste para min. Fóisenos un grande mestre do Colexio Virxe do Carme de Burela, Chamábase Ángel Piñeiro Torres e deume clase durante dous cursos: en 1º e 2º da etapa do ensino primario.
Recórdoo como unha persoa moi cariñosa, que ensinaba moi ben, e encantábame atoparme con el e a súa familia durante as vacacións, cando volvían á Mariña.
Eu desexo que descanse en paz. Desde logo, nunca o esquecerei porque está no meu corazón como persoa boa e xenerosa.
Compartín con el anos no cole, despois atopábao por Burela todos os veráns. Agora ao pensar nel, vénseme á cabeza canto nos rimos. Unha aperta Piñeiro
ResponderEliminarAngel Piñeiro Torres naceo en Begonte. Estivo no C.E.I.P. Virxe do Carme dende o 1 de Setembro do 1990 ata o 31 de Agosto de 1995, cinco anos, en Educación Primaria.
ResponderEliminarNo curso 1995/96 trasladouse ao C.E.I.P. de Lousada (Guntín), donde foi director varios anos e de alí á Anexa de Lugo.
Licenciado en Humanidades, amou sempre a Música e participou en varias corais.
"Temprano levantó la muerte el vuelo,
temprano madrugó la madrugada,
temprano estás rodando por el suelo,..."
Miguel Hernández
Gracias Xabier pola reseña e por este sentido poema.