Karina Parga durante a gravación do programa Proxecto Neo. FOTO: Lucía Rivas |
Modelo Burela
Proxecto de Innovación do IES Perdouro de Burela - Lugo
25/10/24
INTERVENCIÓN DE KARINA PARGA NO SEMINARIO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO INMIGRANTE
18/10/24
Os XXVI Encontros para a normalización lingüística apuntan que o galego alza o voo nas exequias
Abderrahim El Aziri Sounni (da Unión de Comunidades Islámicas); José Luís Zapata (do Consello Evanxélico) e Rubén Aramburu (da Igrexa Católica) acollen nas súas mans o Cancioneiro da Ajuda, como símbolo do diálogo entre culturas.
Un exemplar do Cancioneiro de Ajuda, o máis antigo e verificado dos cancioneiros da lírica galego portuguesa, presidiu a mesa dos XXVI Encontros para a Normalización lingüística, cita organizada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral da Lingua. Este libro, símbolo do período de esplendor da cultura galega, presentouse como fío de unión das diferentes confesións relixiosas que participaron nesta cita que puxo en evidencia o incremento de uso do galego nos ritos funerarios. Representantes das confesións relixiosas maioritarias que existen en Galicia (católica, evanxélica e islámica), xunto cos empresarios implicados en diferentes partes dun acto funerario...) destacaron que o galego gaña terreo nas exequias e que ven na lingua un fío de unión e de concordia. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez destacou na inauguración o carácter de nexo desta cita e avanzou que nos vindeiros días se presentará un documento coas conclusións. Pola súa parte, Valentín García, secretario xeral da Lingua, destacou a importancia do uso do galego nun momento tan familiar e íntimo como é un pasamento. Os relatorios foron gravados e as intervencións pódense consultar no sitio web e as redes sociais.
16/10/24
PRESENZA DA LINGUA GALEGA NAS INSCRICIÓNS FUNERARIAS
O xornalista David Canto presentou os mapas que recollen as porcentaxes de uso por concellos
Segundo o estudo presentado o día 15 de outubro nos XXVI Encontros pola Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega, os concellos con maior presenza de inscricións en galego nos cemiterios galegos son Rianxo (con algo máis do 20%), Porto do Son, Castro de Rei e Lourenzá (por volta do 15%).
MAPA DA PRESENZA DAS INSCRICIÓNS EN GALEGO
PORCENTAXE DE USO DAS INSCRICIÓNS EN GALEGO
No mesmo encontro, Bernardo Penabade salientou que "por fin, nos rituais funerarios o uso da lingua galega abandona o confinamento. Xa non serve aquela resposta estandarizada: “Aquí non hai nada”. Haberá máis ou haberá menos, mais haberá. E poderase saber desde cando e por iniciativa de quen".
O representante da iniciativa Modelo Burela, unha de cuxas liñas de traballo é a difusión da lingua galega neste tipo de inscricións, enfatizou que "a colleita non apareceu por xeración espontánea. É o
resultado dun traballo intenso e prolongado de moitas persoas e entidades: a
AFNL, co Día da Restauración da Memoria Lingüística e co En galego agora e
sempre; e sempre co estímulo orientador de Xosé González Martínez, a máxima
autoridade nesta materia; o Bienio Irmandiño; o apostolado de Irimia e
Encrucillada; coa intervención dos diferentes servizos municipais integrados na
CTNL; e mesmo co grupo Lápidas en galego, activo nas redes sociais, con
intervencións moi destacadas de Estanislao Fernández de la Cigoña; Carme
Varela; Soledad Pintos Peñaranda; Óscar Franco Barros; Isaac González; Miro
Martínez Cerredelo e un longo etcétera".
Finalmente, agradeceu as colaboracións de Emma Pedreira, especialista, que acaba de publicar un libro dedicado a esta temática; o historiador Gerónimo Martínez, de Ortigueira; Diego Cabarcos, da Universidade da Coruña; o filólogo Brais Costas Fragueiro, da Unidade Pastoral Baredo-Belesar, de Baiona; Socorro Cea, de Melide; Mariña Area, de Cambados; Charo Baleirón, das Escolas Católicas; Rosa Espiñeira, da Escola de Arroxo (Lourenzá); Rosario Pérez Magdalena (do Consello da Cultura Galega) e do estudante Álex Quintáns, do instituto Agra de Raíces de Cee.
10/10/24
RADIO FOZ: ANXO RIVAS CONVERSA CON ANA FABEIRO
Ana Belén Fraga Dorado (Alfoz; 1975) estudou Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela (1993-1998).
Traballa na Funeraria Fabeiro desde o ano 2000. No 2006 pasou a ocuparse tamén de Fabeiro Arte Floral S. L., unha empresa destinada nun primeiro momento ao negocio das flores. Desde 2017 é xerente do grupo.DAVID CANTO EXPLICA A VISIÓN PANORÁMICA DO USO DA LINGUA NOS RITUAIS FUNERARIOS
David Canto Veiga (Castro de Rei, 1988)
Criado en Burela até a idade adulta, comecei a interesarme na situación do noso idioma e a tomar parte activa na preocupación pola normalización, por interese familiar e a través do profesorado no ensino medio. Previo ao ensino universitario participo en certames literarios como o Trapero Pardo (3º premio en 2003 na categoría de 15 a 18 anos) ou na Semana da Galiza en Braga.
Conto coa licenciatura en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, o Grao Profesional en Gaita Galega polo Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa, así como o Mestrado de Profesorado. Na idade adulta desenvolvo de xeito interdisciplinar diversas actividades profesionais, desde o xornalismo ata o ensino musical, todas elas con forte compromiso na normalización en calquera que for o ámbito de acción. Desde 2022 traballo man a man na recompilación de datos arredor dos usos lingüísticos nos rituais funerarios, así como a difusión e coordinación dos traballos de todo o país.
09/10/24
Vivir e perdurar na nosa lingua
XXVI ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
29/09/24
VIAXE POLOS CEMITERIOS DE ORTIGUEIRA, A CORUÑA, ORDES e RIANXO
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
LESTA (Ordes) | 221 | 5 (2'2%) | 2010 | 0 | Setembro de 2024 | Diego Cabarcos |
VIÑAS | 1180 | 9 (0'7%) | 1990 | 0 | Setembro de 2024 | Diego Cabarcos |
OZA | 805 | 6 (0'7%) | 1979 | 0 | Setembro de 2024 | Diego Cabarcos |
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
RIANXO | 539 | 112 (20'7% | Sen referencia | Sen referencia | Setembro de 2024 | Xosé Manuel Lobato |
Freguesía | Total familias | Uso do galego | Data da 1ª | Inscricións de propiedade | Data de revisión | Autoría da revisión |
20 freguesías de Ortigueira | 2905 | 48 (1'6%) | 1972 | 3 | Setembro de 2024 | Gerónimo Martínez |
28/09/24
“Premios Bacelos de Prata 2024”
29/06/24
Avaliación do Modelo Burela: entrevista a Pedro López Morillo
31/05/24
O PROBLEMA É VIVEIRO?
O lingüista catalán Víctor Bargiela é modelo de neofalante en galego, unha das varias linguas que reúne no seu repertorio persoal. Despois de participar nun curso ministrado pola profesora Romina Bal a través de internet en 2020, propúxose realizar no noso idioma as conversas xeradas pola investigación para a súa tese de doutoramento. Conseguiuno plenamente. A súa aprendizaxe do galego foi tan profunda e acelerada que en menos de seis meses as persoas con quen interactúa non chegan a sospeitar da súa procedencia de fóra da nosa comunidade.
24/05/24
JENNIFER BALSEIRO FERNÁNDEZ: A FORZA DA PEDAGOXÍA NA BASE
A profesora Jennifer Balseiro durante a entrevista en Proxecto Neo |
No centro da imaxe, a profesora Jenifer Balseiro compartiu con toda a Masa Coral Modelo Burela esta fotografía de recordo. |
A actual profesora do IES Perdouro con Sheila Fariña durante a gravación dun dos capítulos de Serramoura. |
18/01/24
MODELO BURELA ABRE NOVA ETAPA BAIXO A COORDENACIÓN DE VANESSA VILA-VERDE
20/09/23
CRISTIAN RIVAS GARCÍA "PITERO" ENTRE OS MELLORES DEPORTISTAS DA PROVINCIA
17/09/23
ÍKER TRILLO ENTRE OS FAVORITOS AO PREMIO DOS DEPORTISTAS LUCENSES
Íker Trillo durante unha entrevista no programa Proxecto Neo, de Radio Burela. FOTO: Lucía Rivas |