 |
| Planos de situación da parroquia de Recesende, dentro do termo municipal de Teo; e das inscricións en galego dentro do cemiterio |
Coa orientación do profesor Xesús Cociña Souto, o estudantado de 2º de bacharelato do instituto de Cacheiras realizou a visualización e o estudo do patrimonio documental do cemiterio de San Xoán de Recesende, no concello de Teo. Feitas as comprobacións, comunícannos que neste momento hai un total de 10 panteóns con textos en galego (5,59 %). Como algunhas familias colocaron varias placas, elévase a 18 o número de inscricións particulares. A elas hai que sumar a colocada pola Asociación de Veciños “O Castro” de Recesende. A entidade responsable do cemiterio puxo unha placa en galego sobre o decreto de sanidade mortuoria de Galicia (2014).
Segundo o estudo educativo, a primeira familia que utilizou o galego foi a do panteón de Manuel Mosquera Gallego, no ano 2004, no nicho de Arturo Mosquera Cela. Nese panteón hai dous textos en galego (dun total de tres) e nel documéntase tamén a segunda vez que se usou o galego, no ano 2006, no nicho de Adelina Mosquera Cela.
Nese mesmo ano apareceu o terceiro texto en galego, no nicho de José Óscar Pascual Seoane. Dáse a circunstancia de que estes tres primeiros textos, xunto con outros seis, están todos xuntos no primeiro corredor (na entrada ante as sepulturas na terra). Por tanto, o 50% das inscricións en galego (9 de 18) están xa na primeira fila de panteóns (situados ao lado desas tumbas no chan, á beira da igrexa), sendo as dúas máis recentes do ano 2022.
 |
| Primeira inscrición en galego no cemiterio de Recesende (2004) |
 |
| Esta placa complementa a inscrición principal de 2009 |
 |
Complemento con mensaxe escrita en galego internacional. Acompaña unha inscrición colocada en 2020 |