25/02/26

NECROLÓXICAS NO DIARIO DE BERGANTIÑOS


 (xaneiro de 2026)

PERÍODO

TOTAL

GALEGO

LOCALIDADES

CLIENTE

FUNERARIA

02/01/2026

a

31/01/2026

101

9 (8’9%)

Carballo (2), Laracha

Coristanco, Ponteceso

Carnota (2), Malpica, Cerceda

Familias

Bergantiños

San Xulián

 

30 días

 

7 días (23%)

7 concellos diferentes

 

2 empresas diferentes


En xaneiro de 2026 o uso da lingua galega nas necrolóxicas publicadas no Diario de Bergantiños alcanzou o 8'9%, unha porcentaxe intermedia entre a da área metropolitana da Coruña (3'6%) e a das comarcas do Barbanza e Muros-Noia (25'8%). Durante este período, o noso idioma estivo presente neste tipo específico de publicidade promovida por familias de persoas falecidas durante 7 días por mes (23%). Por localidades, apareceron textos de sete concellos: Carballo, Carnota, Cerceda, Laracha, Malpica e Ponteceso. Case todos os anuncios foron publicados coa mediación das diferentes delegacións do Grupo Bergantiños. Nun dos casos interviu a funeraria San Xulián.

18/02/26

NECROLÓXICAS NO DIARIO DE AROUSA

 


(Mes de xaneiro de 2026)

PERÍODO

TOTAL

GALEGO

LOCALIDADES

CLIENTE

FUNERARIA

02/01/2026

a

31/01/2026

124

32 (25'8%)

Rianxo (8), Boiro (7), Outes (5),  Noia (3), Porto do Son (2), Portas, Lousame, Estrada, Ribeira, Dodro, P. do Caramiñal

Familias

Noroeste (16)

PFE (9)

Sánchez (2)

Eulalia (2)

Pelayo

30 días

 

17 días (56%)

11 concellos diferentes

 

5 empresas diferentes


O idioma galego está presente en algo máis de unha de cada catro necrolóxicas publicadas no Diario de Arousa durante o mes de xaneiro de 2026. Durante un total de 17 días do mes, o noso idioma alcanzou porcentaxes que oscilan entre o 100% (20 de xaneiro), o 83% (o día 29) e o 9% (do 2 de xaneiro). Durante outros 5 días o uso sitúase no 50% ou en cifras superiores.
Por un lado chama a atención a distribución territorial, con marcado contraste entre as áreas xeográficas situadas ao sur e ao norte da ría. É precisamente da zona setentrional de onde proceden a inmensa maioría dos casos. Na cabeza sitúanse Rianxo (8), Boiro (7) e Outes (5),  seguidos por Noia (3) e Porto do Son (2). Tamén se publicaron notas de familias dos termos municipais de Lousame, a Estrada, Ribeira, Dodro e o Caramiñal.
Por outra parte, resulta significativa a diversidade das empresas do sector que abren as portas ao uso do idioma galego para este tipo de comunicación. A que máis interviu foi Pompas Fúnebres do Noroeste -Grupo Gundín, con 16 casos); seguida por Pompas Fúnebres Europeas, que editou un total de 9.

17/02/26

NECROLÓXICAS NO DIARIO DE FERROL

(Mes de xaneiro de 2026)

PERÍODO

TOTAL

GALEGO

LOCALIDADES

CLIENTE

FUNERARIA

02/01/2026

a

31/01/2026

128

6

Ferrol (4)

Narón

San Sad.

Familias

San Lourenzo (4)

Albia

Cascudo

 

30 días

6 días

3 diferentes

 

3 diferentes

No Diario de Ferrol o uso da lingua galega na sección das necrolóxicas alcanza unha porcentaxe lixeiramente superior á que presenta El Ideal Gallego para a cidade da Coruña e a súa área de influencia. No mes de xaneiro de 2026 está no 3'6% nas páxinas de El Ideal e no 4'6% nas do Diario. O número de días tamén está en cifras semellantes, entre os 6 e 7 días por mes.

No caso da comarca ferrolá, chama a atención que a maioría das necrolóxicas fosen contratadas por familias da Cidade Departamental (4 de 6) e que só os concellos de Narón e San Sadurniño teñan unha representación testemuñal, sabendo que no conxunto aparecen comunicacións de todo o territorio comprendido entre o Eume e o Ortegal.

Outro tanto ocorre coas empresas: o 66'6 % foron postas a través da mesma funeraria.  

15/02/26

AS NECROLÓXICAS EN EL IDEAL GALLEGO

 

 


(Mes de xaneiro de 2026)

 

PERÍODO

TOTAL

GALEGO

LOCALIDADES

CLIENTE

FUNERARIA

02/01/2026

a

31/01/2026

191

7

Arteixo (2), Cerceda (2), Coristanco, Coruña, Sada

 

Familias

Apóstol (3)

La Milagrosa

Santa Marta-Milagrosa

Albia

San Xulián

 30 días

30 días

6 días

5 diferentes

 Familias

5 diferentes


Durante o mes de xaneiro de 2026 publicáronse na edición do xornal El Ideal Gallego para a área metropolitana da Coruña un total de 191 necrolóxicas. Entre elas, 7 -que representan un 3'6 %- estaban redactadas en galego. Son todos textos publicitados a instancia das familias das persoas falecidas e proceden de cinco localidades diferentes: Arteixo (2), Cerceda (2), Coristanco, Coruña e Sada. Con respecto á participación das empresas, chama a atención que a funeraria Apóstol fixo a mediación para a edición de 3 dos 7 anuncios (42'8%), concretamente os de Arteixo e Sada. O noso idioma estivo presente nesta sección do xornal durante 6 dos 30 días (20%).