![]() |
Xosé Luís González no momento de pronunciar a conferencia no Salón de Actos do Concello de Mañón durante a tarde-noite do pasado día 11 de febreiro |
Nordés, a Asociación de Desenvolvemento das Terras do Sor e a Faladora, tributou no Salón de Actos do Concello de Mañón unha calurosa homenaxe a Xosé Luís González, enxeñeiro de telecomunicacións e especialista na toponimia dos concellos comprendidos entre Cedeira e Ribadeo.
En calidade de especialista nos nomes dos lugares das terras bañadas polo río Sor, o investigador orixinario das Negradas e residente en Madrid desvelou o significado dos topónimos de ambas as ribeiras e situounos cronoloxicamente desde as linguas indoeropeas de hai 4000 anos pasando polas célticas, o latín, os idiomas xermánicos, o árabe e incluso outras máis afastadas como o lituano.
Xosé Luís González ten estudado tamén os nomes dos lugares dos concellos de Viveiro, Xove, Cervo e Burela, entre outros. O resultado dos seus traballos están recollidos en diversos blogs, entre eles estes
Apuntes de Toponimia de Burela
.svg+(1).png)
Esperamos que esta información de topónimos existentes no concello poda ser de utilidade para alguén que sinta curiosidade polo tema.
Non é apenas unha colección de información: procuramos aportar unha interpretación. Tampouco é unha lista exhaustiva, omitimos todos aqueles con significado transparente.
Sem comentários:
Enviar um comentário