24/06/21

SELECCIÓN DE POEMAS

ANTONTE

Antonte, nos comezos da alborada,

Depois de longa noite de negrura,

amostraches a Deus a fermosura

de brillantes luceiros enxoiada.


Feros ogros te tiñan maniatada

-princesa namorada e sen ventura-

E o bon Deus, ao mirarte desde a altura

Condoeuse de verte encadeada.

 

E, teimando de darche nova vida,

P’ra que foses axiña redimida

E tivesen remate as túas dores...


Un fatado che deu de precursores

Que, nobres, espallaron as ideas

De quebrarche ferrollos e cadeas



A OUTRO CREGO

A ti bo sacerdote, que es cristiano

E non fas comercio dos preceptos,

Que procuras do ben facer adeptos

Con doce e humildoso senso humano...

 

A ti, que rendes culto ao soberano

Creador, che tributo os meus afectos

Con fraterno sentir e con respectos

Porque tes un espírito franciscano.

 

A ti, que non procedes con crudeza

E demostras co nobre sinxeleza

As bondades que tivo Cristo mismo...

 

A ti, que tes a alma sen carraxes,

Eu che rindo con gozo as homenaxes

Porque sentes o don do cristianismo.




EMIGRANTES

 

Íanse como somas

Polo camiño adiante

Cos envurullos ao lombo,

Como somas que foxen de si mesmas,

Arrastre, lixadas polo amente,

Deixando somas orfas nos seus vales.

 

Íanse, pesarosos e doídos,

Á cata de vieiros novos,

En procura de novas terras

Onde afincar cos sonos e os devezos;

Ían en busca de cabana e chaila

Onde pousar, e sementar garelos

De millo novo,

Teimando rexurdir

Coas frontes enxoiadas

De farnantes suores,

Sen angustias, e libertos

Do peso abafante

Das vidas castigadas

Por Deus e polos homes sen piedade.

 

Ían á procura de horizontes

E de xanelas novas

Para poder ollar o ceo

Non sempre debruzados encima dos carolos;

Ían á procura da Liberdade,

A Xustiza, e o pan dondo

Que non tiveran na súa herdade

Desde o fondal dos séculos choídos.

 

Íanse, Pobres!, tamén sen decatarse

Que, quizá, somente toparían

As campas a rentes dos camiños,

Sen lousas, sen bitafes e sen nomes:

A morte, sen ter quen os chorase,

O derradeiro sono,

O total acougo

A o infinito silencio...

 

Sí. Todo o derradeiro. Lonxe!

E o primeiro consolo, co non ser!

GUAJIRO

 

No era suya la tierra, ni la caña,

Pues todo dependía de un colono,

Arrendatario este de un patrono:

La Company sin faz y sin entraña.

 

Aquella, que acopió mucha campaña,

Tenía en Nueva York dorado trono

Y a guajiro espoliaba con encono

Desde la urbe fantasmal y huraña.

 

Tampoco del guajiro era el bohío

Donde niguas, jejenes y e impío

Clima, lo devoraban, en concierto.

 

En tiempo de la zafra, sus peroles

Cocían el tasajo y los frijoles

Y, después, consumían tiempo muerto.


























Sem comentários:

Enviar um comentário