Con raíces familiares por vía paterna en Corme e por vía materna en Marín, Manuel Facal naceu en Avilés en 1947. Dez anos máis tarde chegou a Burela, onde realizou os estudos básicos e onde foi alumno de Xuxo de Portela. Este activista cultural e social do municipio de Cervo, traballou no sector industrial primeiro do caolín e despois no aluminio.En calidade de presidente da Asociación de Veciños Cervo-Sargadelos participou en iniciativas comunitarias, como as campañas en defensa da Sanidade e das infraestruturas de comunicación.
Sem comentários:
Enviar um comentário