Andrea López Martínez
Nada máis entrar ao xardín a pé ou en coche, saúdanos un painel informativo. A primeira palabra que nos di é "Benvidos", antes de presentar os horarios xerais, os específicos da cociña, o servizo de ceas, a oferta do menú do día e o horario de desaloxo (ás 00:30 h).
Se avanzamos un pouco por entre as casas de pedra restaurada, á entrada do restaurante recórdannos cun adhesivo na porta: ”Aquí usamos o galego”. Estamos no Rincón do Mis, en Foz. Alfonso e Pablo son os donos deste establecimento que inicialmente abriran con outro amigo co que estudaran na escola de hostalería.
A súa oferta comprende desde eventos como vodas e bautizos, restaurante con carta e menú diario e aloxamento. Por iso din que o seu servizo abarca en maior medida a comarca, mais tamén o resto do mundo. Aínda que sexa un lugar frecuentado por persoas de todas nacionalidades e teñan ao seu dispor a carta en castelán ou en inglés, a empresa aposta pola comunicación corporativa en galego. Xa o comprobamos a través da rotulación e tamén se pode ver todos os días a través das súas redes sociais. Alfonso dinos: “Nós somos galegos e temos un compromiso coa nosa terra e co idioma. Consideramos importante poñelo en valor”.
![]() |
O compromiso explícito co uso do idioma galego aparece xa na porta de entrada ao restaurante. Neste caso é un autocolante da iniciativa "abertos ao galego" promovida pola Mesa. |
![]() |
Imaxe da oferta e explicacións dun menú especial |
Sem comentários:
Enviar um comentário