![]() |
| Imaxe corporativa do Grupo Voz |
O profesor Xesús Cociña Souto fixo o seguimento das necrolóxicas publicadas en La Voz de Galicia durante o pasado mes de marzo.
En 31 días publicaron en papel 615 textos, dos cales 32 están en galego, o cal representa un 5,2 %. Participaron 20 empresas funerarias diferentes por inciativa de 31 familias que anunciaron a despedida dos seus seres queridos. O ámbito territoria abarca 25 localidades distintas que se sitúan sobre todo na provincia da Coruña.
Lugares por provincia (sobre 25)Provincia
A Coruña: 17 (68,00 %)
Pontevedra: 5 (20,00 %)
Lugo: 2 (8,00 %)
Ourense: 1 (4,00 %)
Total: 25 (100 %)
Clasificación por provinciasA Coruña (17)
Ordes
Arzúa
Tordoia
Carballo
As Pontes
Monfero
Cerceda
Pontedeume
Neda
Abegondo
Ferrol
A Capela
Melide
Mesía
Frades
Oza-Cesuras
A Coruña
Pontevedra (5)
Ponteareas
Silleda
Pontevedra
Cuntis
A Estrada
Lugo (2)
Barreiros
Vilalba
Ourense (1)
Sarreaus
O profesor explica que estes datos resultan sorprendentes por varios motivos que habería que analizar e formula as seguintes preguntas:
1) Cal é o motivo do desequilibrio territorial?
2) Que factores inflúen nunha familia á hora de comunicar nun idioma ou noutro?
3) Por que o teito da comunicación en galego está situado nun máximo de tres no mesmo día?
4) Por que o día 12 a porcentaxe é de 0% e ao día seguinte (o 13) é o 16,67%?
Nós continuamos conseguindo información para termos as respostas.

Sem comentários:
Enviar um comentário